A actividade física é moi importante para o desenvolvemento cognitivo, físico e afectivo e, do mesmo xeito que outros deportes de equipo, o béisbol, promove condutas sociomotrices, que tan importantes resultan na construción da personalidade e da nosa intelixencia emocional.
A materia de Educación Física, en permanente loita co sendentarismo, partindo da actividade física en calquera das súas variantes, ademais de promover valores como a disciplina, concentración, tolerancia, respecto, honestidade, responsabilidade, traballo en equipo, amizade e empatía entre outros, “regala” a quen a practica habitualmente grandes doses de beneficios para saúde.
Nestes días, en colaboración co Club Trasnos de Vigo iniciamos no Terceiro Ciclo de Educación Primaria a primeira parte da unidade didáctica correspondente a este deporte
Picando na imaxe accédese á galería fotográfica.