Skip to Content

Novas

Información fin 2ª Avaliación

1.      

Enquisa Federación ANPAs de Galicia:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdplRhHfACEPOd6gvJeAyPltUEAdL3BsdQ5ytAryhooPDxOGA/viewform

Este é un pequeño formulario anónimo sobre a situación das familias en Galicia para que as ANPAs teñan unha visión inicial da situación. Se podedes e queredes participar, só tedes que ir á ligazón.

2.      

2ª Avaliación:

O Centro activou a aplicación ABALAR para que as familias poidamos coñecer as notas da 2ª avaliación. Se hai alguén que aínda non a teña instalada no seu móbil ou teña problemas coa activación, ésta é unha ligazón a un video tutorial: https://www.youtube.com/watch?v=_7SkyNklCoU Se aínda así se necesita máis axuda, pódese contactar co Centro.

AS NOTAS PUBLICARANSE HOXE 03/04/2020 ÁS 10:00H

3.      

Contacto co Centro Escolar e as Titoras:

O centro escolar está a atender consultas de todo tipo no mail: ceip.emilio.gonzalez@edu.xunta.gal  Ademáis, desde o 01/04/2020, os teléfonos 881880363, 881880364 e 881880365 están desviados ao móbil de Marisa, a Directora, que atenderá persoalmente as consultas das familias, preferentemente en horario de mañá.

Cada titora facilitou un mail ou un espazo virtual para comunicarse coas familias e o seu alumnado, todos podemos facer uso destas canles para comunicarnos con elas. Se temos calquera problema, contactaremos co Centro para solucionalo ou atopar altenativas.

 

4.      

Materias comúns: 

Na web do CEIP:https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliogonzalez/ estanse a publicar tarefas das seguintes asignaturas. Aquí vos adiantamos as ligazóns:

EDUCACIÓN FÍSICA: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliogonzalez/system/files/Proposta%20EF%20definitiva.pdf

MÚSICA: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliogonzalez/system/files/Reto%20cancions-1.pdf

INGLÉS: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliogonzalez/system/files/Ingl%C3%A9s.pdf

RELIXIÓN: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliogonzalez/system/files/Actividades%20Ana%20reli.pdf

 

5.      

Tarefas na casa e período de vacacións:

Cada titora está escollendo os contidos segundo o seu criterio. Recomendan que se leven a cabo as tarefas da casa na medida do posible. Elas están a revisar todos os días o que se traballa na casa.

Durante Semana Santa, DO LUNS 6 AO LUNS 13 DE ABRIL DE 2020, non se enviarán tarefas novas ao alumnado.

 

6.      

Novos servizos do Concello de Cambre:

CONCELLERÍA DE SANIDADE: Servizo gratuito de psicoloxía (xa en activo) para axudar na xestión das emocións: tensións, angustia, ansiedade, soidade... ou para orientar ás familias con fillas e fillos en idade escolar.

- Teléfono gratuito: 645421659 (chamada o videochamada)

- Mail: yomequedoencasacambre@gmail.com

Dispoñibles de luns a vernes de 10:00h a 13:00h y de 16:00h a 20:00h e tamén fines de semana para casos urxentes.

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN: Servizo de fotocopia e impresión con entrega a domicilio dos traballos escolares. As familias que non dispoñan de medios informáticos (internet, impresora, PC), poden solicitar ao concello que lle leve as tarefas impresas ao seu domicilio. Para iso, débese enviar un mail facendo a solicitude a: alcaldia@cambre.org, donde apareza o nome completo, a dirección e o teléfono, o centro escolar e o curso.

Cada XOVES, o CEIP Emilio González López actualizará a documentación para que o Concello poda facer as entregas.

Máis info nas Redes: da ANPA en FACEBOOK e de TECA en INSTAGRAM

Enlace ó Facebook da ANPA: https://www.facebook.com/?ref=logo

Para atopar o Instagram de TECA: tecabrexo 

 

MOITO ÁNIMO, FAMILIAS

NOVAS INSTRUCCIÓNS EN RELACIÓN Ó COVID-19 DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN



 
Ven, 13/03/2020 - 13:56

Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020

Xunta de Galicia. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

SUSPENSIÓN DAS CLASES POR PREVENCIÓN DE CONTAXIO POR CORONAVIRUS

Suspéndense oficialmente as clases, o mañanceiro, o comedor e as actividades extraescolares

 

Hoxe xoves 12/03/2020: a xornada transcurrirá con normalidade tanto no centro, como no comedor como nas actividades extraescolares.

 

Mañá venres 13/03/2020: a asistencia ao mañanceiro, ao cole, ao comedor e ás actividades extraescolares será voluntaria aínda que desaconséllase á asistencia.

 

A partir do luns 16/03/20 e a contar os seguintes 14 días, quedan oficialmente suspendidas as clases, o mañanceiro, o comedor e as actividades extraescolares do Emilio González López e en xeral de todos as escolas públicas e privadas de Galicia.

 

Mañá publicaranse no DOG todas estas medidas e vos faremos chegar o documento oficial. Moitas grazas

Entroido 2020: Este venres celebramos o entroido!!! A ANPA invita a filloas e orellas __Subvenciona Concello de Cambre__

2º TRIMESTRE

Nadal 2019/20

Chocolate de Nadal

RECOLLEITA DE XOGUETES DE NADAL

Hoxe axudamos a recoller e levar as moreas de xoguetes que se acadaron durante a Recolleita de Nadal.

Na ONG Mestura, quedaron abraiadxs coa vosa xenerosidade e participación.

Parabens, familias!!! Obxectivo cumprido

NOS VAMOS AO CIRCO

Distribuir contido


by Dr. Radut