blogue deadmin

BIBLIOPATIO

Comezamos un novo curso escolar, e Teca presenta unha nova actividade: "BIBLIOPATIO". Sacamos a lectura a novos espacios abertos no recreo. Os máis pequechos foron os que máis disfrutaron.

AOS LIBROS TAMÉN LLES GUSTA O SOL

Chega o bo tempo, e decidimos buscar outros espazos onde gozar da lectura.

O alumnado de 5º e 6º fixeron esa tarefa, sacaron os libros da biblioteca e pasaron un rato moi agradable lendo contos aos pequenos de Educación Infantil.

O MOUCHO LEROUCHO

Non podiamos deixar pasar este trimestre sen escoitar ao noso contacontos preferido “O MOUCHO”.

Unha vez máis sorprendeunos.

Cantou a “Canción da Primavera”, trouxo sementes e explicounos como se plantan.

Contounos o conto “Aínda nada” e “Como cada mañá”.

Para rematar, unha canción de Manuel María, “A poesía do sol”.

 

EXPOSICIÓN MIGUEL DE CERVANTES

Con motivo dos 400 anos da morte de Miguel de Cervantes fixemos no colexio unha exposición, ademais  de diversas actividades nas aulas.

Dita exposición encóntrase situada na biblioteca do centro, estades todos invitados a visitala!!!!. Os nenos e nenas xa pasaron por ela.

Por último, e non menos importante, queriamos dar as grazas a todas as familias pola súa colaboración, xa que sen ela esta exposición non sería posible.

Aquí tedes algunhas fotos da mesma.

 

A PRENSA NO MUNDO

Durante 15 días todo o alumnado do colexio, desde os máis pequenos ata os máis grandes, puideron gozar dunha magnífica exposición de diferentes xornais de moitos países.

Cada un deles estaba perfectamente identificado co nome do país, a capital, lingua oficial, moeda, bandeira...

 

MOUCHO LEROUCHO

O pasado día 18 de febreiro visitounos o Moucho. Coma sempre fixonos moita ilusión.

Trouxo uns contos ben chulos, que sumados ca súa maxia fan un conxunto perfecto!!! So temos que ver as caras dos nosos pequechos!!!

Este foi o conto que lles dedicou os nenos/as de tres e catro anos.

 

O “monstruo de cores” foi o que lles tocou os nenos/as de cinco anos e máis os de primeiro de primaria.

 E antes de marchar deixounos unos agasallos, as caras de ilusión dos nosos pequechos diceno todo!!!

 

 

Grazas Moucho por facernos tan felices!!

 

 

PROXECTO O MAR

Un día apareceu na clase unha botella cunha mensaxe ,un peixe pedía axuda para coidar o mar pois está moi contaminado.

Este foi o comezo do noso proxecto e xa son moitas as cousas que aprendimos...

Un cociñeiro e un papá do cole cociñaron algas.

 

Coa explicación que nos deron da E.D.A.R (Estación Depuradora de Augas Residuais) non volvemos a votar polo váter o que non sexa  "PIPÍ"  "POPÓ"  e "PAPEL".

 

 

Moitas gracias a todos ,seguimos a aprender, xa os iremos contando.

DÍA DA MULLER

 
Este ano dedicamos o día da muller a cinco mulleres relacionadas co noso pobo.
 

HISTORIA DE TECA

v

bbb

Distribuir contido