Skip to Content

Carta ás familias de Educación Infantil polo peche dos centros educativos.

Queridas familias de Educación Infantil:

Como xa sabedes o día 15 de marzo de 2020 comezou en España o “Estado de Alarma”, polo que por un tempo indefinido (pódese prolongar), os centros educativos están pechados, pero o curso e a súa actividade lectiva debe continuar.

Neste primeiro período, as titoras de educación infantil mandámosvos unhas fichiñas de repaso de lectoescritura e lóxico-matemáticas.

Ademais destes traballos ímosvos recomendar unhas rutinas e actividades para realizar este tempo nas vosas casas.

O primeiro é destacar o carácter “voluntario” de todo o traballo que imos mandar neste período, sabemos que non é doado coordinar traballos ou teletraballos cos nenos e nenas destas idades e a isto súmase a tensión de estar todo o día na casa pechados.

Rutinas e actividades recomendadas:

·        

Calendario: Se tedes un calendario por casa, estaría ben que foran tachando o día de onte e rodeando o día de hoxe. Podemos escribir o día da semana e o número do mes.

·        

O tempo: observade o tempo que vai cada día, poden debuxalo.

·        

Como me sinto hoxe: cada nena ou neno pódese debuxar segundo sexa o seu estado de ánimo. Importante saber o estado emocional dos nenos e nenas nestas circunstancias, saben máis do que pensamos do que esta a pasar. Podedes aproveitar tamén esta actividade para repasar as partes do corpo.

·        

Exercicio: intentade facer con eles algo de movemento. Nestas idades encántanlles as cancións con coreografías. Podedes utilizar vídeos de “Cantajuegos” ou similares. Tamén lles gusta moito facer circuítos por casa, probade, é moi divertido.

·        

O meu nome: Podedes escribir o nome e repasalo con rotuladores, para os máis maiores podedes escribir con eles os nomes dos seus compañeiros de cole ou dos membros da familia.

·        

Un conto: Contamos un conto, falamos de cantos personaxes hai e como son, podemos inventar un final diferente, facer debuxos ou facer marionetas de papel. Escribir o título ou os nomes dos personaxes tamén é moi interesante.

·        

Manualidades: Recordade que para a lectoescritura é fundamental ter unha boa coordinación motriz nas mans, polo que vos recomendamos actividades como: recortar papeis, xogar con plastilina, pintar con pincel, meter macarróns por un fío ou lá, pintar e aproveitar materiais de desfeita como cartóns, periódicos ou rolos de papel hixiénico.

 

Por último, estade atentos á nosa web (CEIP Emilia Pardo Bazán) os próximas días porque iremos colgando novas ideas e xogos para realizar cos nenos e nenas.

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E ESPERAMOS VERNOS PRONTO.



page | by Dr. Radut