ACTIVIDADES 30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

25/01/2024 19:26
Europe/Madrid

"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño"

 - Mahatma Ghandi -

O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro.

E nese Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Nese día celébrase o aniversario da morte do Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas. (Texto da páxina de UNICEF).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademáis do cartaz informativo das actividades deste día, deixamos o baile que todas as nenas e nenos do centro están a preparar na materia de música, por se queren dende os fogares seguir ensaiando o baile, onde as familias tamén podedes ser partícipes. 

CONVOCATORIA DE ASAMBLEAS ANPA O CASTIÑEIRO

23/01/2024 19:11
Europe/Madrid
Boa tarde, familias, 
 
Achegamos a orde do día da asemblea xeral ordinaria, a celebrar o vindeiro venres 26 de xaneiro ás 17.30h. no local da ANPA. 
A continuación celebraremos a asemblea extraordinaria coa orde do día que tamén achegamos.
 
 
Lembramos que, para aquelas familias que teñan pendente o pago da cota anual, poden facer o ingreso (12 €/familia) na conta de ABANCA IBAN: ES92 2080 0201 9730 4001 3082, para poder exercer o dereito ao voto.
 
CONCEPTO: nome e apelidos do/a primeiro/a socio/a (NAI/PAI/TITOR-A)
e entregar o resgardo bancario de pago da cota anual por correo-e ou Whatsapp, no número de teléfono 624. 230. 206.
 
Un saúdo
A xunta directiva.
 

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRICIÓN

Hoxe, 15 de xaneiro de 2024 e ata o 5 de febreiro, está aberto o prazo para a reserva de praza en centro adscrito para o vindeiro curso 2024-2025.

 

Todas aquelas familias de 6º de Educación Primaria do centro que desexen matricular ás súas fillas e fillos no IES Breamo, teñen  varios modos de facelo:

- Devolver ao CEIP Plurilingüe Eladia Mariño a solicitude que se adxunta (tamén se pode pedir este impreso no centro, se así se desexa).

- Cubrir a solicitude dende a aplicación "Admisión Alumnado", imprimila e entregala no centro.

- Cubrir a solicitude dende a aplicación "Admisión Alumnado", e entregala a través da sede electrónica.

Para máis información acceder á aplicación: Admisión alumnado ou preguntar na secretaría do centro.

 

SOLICITUDE EN GALEGO

SOLICITUDE EN CASTELÁ

FELICES FESTAS!

21/12/2023 19:21
Europe/Madrid

As nenas e nenos do Eladia Mariño queren desexarvos unhas felices festas e que disfrutedes moito destes días, rodeados de familia e amigos.

Para iso, deixámosvos o noso programa especial Nadal, de Radio CABANAS, titulado "UN NADAL DE CINE" Esperamos que disfrutedes da súa escoita e visionado.

Ata xaneiro!

 

 
 

DÍA DO PEÓN E INTERCAMBIO CO COLEXIO DA CAPELA

03/12/2023 12:56
Europe/Madrid

Xunto coa celebración do Magosto con todas as familias, este día tamén se celebrou no colexio o Día do Peón, onde o alumnado elaborou os seus peóns e bailaretes para intercambiar logo entre o alumnado do centro e tamén co CEIP Pluringüe Mosteiro de Caaveiro, o cole do Concello da Capela.

Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos e da que disfrutamos moito.

Xa sabedes que como di o dito: Polo San Martiño, Peóns ao camiño!

 

 

LECTURA E FAMILIAS: O APALPADOR E A NENA SEN MEDO. Contacontos con monicreques para o Nadal. ANPA O CASTIÑEIRO.

13/12/2023 01:06
Europe/Madrid

O xoves da próxima semana, como remate de trimestre, estará no noso cole A Xanela do Maxín co seu contacontos "O Apalapador e a nena sen medo":  https://axaneladomaxin.com/espectaculos/o-apalpador-e-a-nena-sen-medo/

A entrada é de balde, pero cun aforo limitado, polo que as persoas interesadas podedes inscribirvos no correo: anpa.o.castineiro@gmail.com

Nota informativa. REVISIÓNS BUCODENTAIS. CONCELLO DE CABANAS.

13/12/2023 00:44
Europe/Madrid

Distribuir contido