REXISTRO DE COMEDOR CURSO 2024/2025

Está aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar para o curso 2024/2025. Poderase entregar o rexistro de solicitude dende hoxe ata o 12 xullo, na secretaría do centro ou polo correo electrónico (ceip.eladia.marino@edu.xunta.gal).

De igual modo, está aberto o prazo para anotarse a ser colaborador/a no noso centro escolar. Ofértanse 10 prazas para familias, ex-colaboradoras, ou persoal externo ao centro. Teñen prioridade as familias, logo as ex-colaboradoras e por último as persoas externas ao noso cole. O prazo está aberto dende hoxe ata o 12 de xullo.

Deixamos a continuación, os rexistros do alumnado e das/os colaboradoras/es.

 

          

 

 

MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO 2024-25

           

 

                    

 

FESTA FIN DE CURSO ANPA O CASTIÑEIRO

11/06/2024 21:50
Europe/Madrid

Ola familias!

Despois deste curso os nosos peques teñen máis que merecido celebrar todo o seu esforzo. É por iso que dende a ANPA queremos convidarvos a unha festa de fin de curso na que contaremos con xogos populares, contacontos, merenda e foliada!

Será o próximo mércores día 19 e comezará ás 16:00, é de balde e de seguro que o pasaremos xenial!

Animádevos a compartir este fin de curso no cole, só tedes que anotarvos no correo da ANPA. Aquí vos deixamos o cartaz coa información que fixo unha colaboradora moi especial.

 
Unha aperta!
 
Directiva ANPA O Castiñeiro.
 

INVITACIÓN PROXECTO COME LOCAL.

 

Os responsables do Proxecto Come Local queren convidar a toda a comunidade educativa, dos centros participantes, á súa festa de fin de curso, que será este domingo 16 de xuño en Ponteareas. 

Deixamos por aquí o Programa do Evento para que poidades ver todas as actividades e sorpresas da xornada.

Animádevos a asistir e coñecer de primeira man o Proxecto que temos no Comedor Escolar.

ENTREVISTA AOS MESTRES XUBILADOS POLO ALUMNADO DE CUARTO DE PRIMARIA

08/06/2024 19:57
Europe/Madrid

O pasado 8 de maio o alumnado de cuarto de educación primaria tivo a inmensa sorte de poder entrevistar ás mestras xubiladas, Laura Salgado (primaria), Isabel Galán (música) e Salomé Súarez (infantil) e ao mestre xubilado Andrés Seijido (educación física).

Foi una xornada estupenda onde puidemos descubrir e saber un pouquiño máis sobre a vida destes profesionais que deixaron una pegada imborrable neste cole tan cheo de vida.

Esperamos vos guste!

 

 

 

PODES ESCOITALO AQUÍ

 

 

DOCUMENTOS FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 24-25

03/06/2024 15:35
Europe/Madrid

Achegamos os documentos para formalizar a matrícula de novo ingreso, para o vindeiro curso 2024-2025.

Poderán facelo dentro do prazo establecido, do 20 ao 30 de xuño, onde deberán presentar a seguinte documentación no centro escolar.

Para axilizar o traballo e que poidades ir recompilando e cumprimentado toda a documentación, deixamos a continuación un resumo cos documentos a presentar.

Podedes descargarlos premendo no documento en cuestión ou en anexos.

Queremos recordar que todo aquel alumnado que o precise pode inscribirse no Plan de Alerta Escolar.

A continuación podedes ver, picando na imaxe, todo o relativo ao mesmo.

Calquera dúbida, podedes consultarnos no teléfono 981431848 ou no correo do centro ceip.eladia.marino@edu.xunta.gal

ENQUISA DA ANPA O CASTIÑEIRO.

Ola!
Cres que o deseño das actividades extraescolares non está adaptado ás túas necesidades?
 
Varias familias compartiron coa ANPA as súa preocupación de que o deseño do calendario complicáballes conciliar e tamén que a oferta non era xeralmente moi diversa. O papel do ANPA é precisamente entender e trasladar as necesidades das familias do CEIP Eladia Mariño, pero para iso temos que entendelas ben. Así que fixemos unha enquisa. Podedes enchela aquí: https://forms.gle/7mVvbTedc81EZsfj7

Pensade qué necesitades e poñédeo na enquisa. Sinxelo e rápido.

Unha vez chea por tódalas familias, traballaremos para que se faga realidade. Veremos qué se logra. Como cada ano, estanse a organizar as actividades extraexcolares do curso que ven, polo que agora é o momento de falar do que precisamos.

Se queres colaborar con iniciativas coma esta para dar voz e accionabilidade ás necesidades dos nenos/as e das familias do Eladia Mariño, apúntate aquí ó ANPA: https://forms.gle/g3wMfgv8HDL2nnNc6

Distribuir contido