ERASMUS +. MOBILIDADE A GRECIA.

21/02/2024 22:52
Europe/Madrid

Dende o pasado sábado, dúas das nosas mestras formadas no proxecto LÓVA, atópanse en Grecia, grazas a  acreditación Erasmus+ Escolar do CFR de Ferrol na que participa o noso centro educativo para ampliar a súa formación no proxecto LÓVA e no desenvolvemento de actividades artísticas e culturais conectadas co teatro.

Atópanse en  Livadia, Grecia desenvolvendo a  actividade formativa "Hellenic Civilization and Greek Drama".

De seguro virán cargadas de novas vivencias e coñecementos para transmitira logo ao profesorado e seguir aprendendo en comunidade.

Disfrutade e aproveitade a oportunidade de seguir sempre aprendendo!

 

 

XOGANDO POLA MEMORIA. CIENTÍFICAS E INVENTORAS. OBRADOIRO DO CONCELLO DE CABANAS.

19/02/2024 18:59
Europe/Madrid

Xogando pola memoria: científicas e inventoras

Día, hora e lugar: xoves, 22 de febreiro, ás 17.30 horas no CEIP Eladia Mariño
Trátase dun obradoiro lúdico e formativo dirixida ás familias con nenas e nenos de 6 a 12 anos que ten como fin dar visibilidade ao Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia (11 de febreiro).
A partir do xogo "MemoFEM: Científicas e inventoras" , as familias participantes achegaranse á biografía de mulleres salientables no mundo STEM (ciencia, tecnoloxía, inxenería e matemáticas) contribuíndo a unha análise crítica dos estereotipos e roles de xénero que limitan as expectativas de nenas e rapazas sobre da súa participación nestes eidos.
As familias que desexen participar poderán facelo a través do correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal ou ben chamando ao 981495959 (extensións 6 ou 2).
 
Moitas grazas

ADMISIÓN E MATRÍCULA 2024-2025

16/02/2024 13:09
Europe/Madrid

 

 

 

 

DOCUMENTOS DE ADMISIÓN: Impresos oficiais cubertos e asinados: Anexo II DOG.

  • Impreso admisión galego.
  • Impreso admisión castelá.
  • Documento acreditativo da idade do neno/a.
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
  • Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

CENTRO DE ADSCRICIÓN DO CEIP PLURILINGÜE ELADIA MARIÑO: IES Breamo.

 

SERVICIOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO: 

 

  • Transporte escolar
  • Comedor de xestión directa.
  • Servizo de Amencer na Escola xestionado pola Concello de Cabanas.
  • Actividades extraescolares xestionadas polo Concello de Cabanas.

 

INFORMACIÓN A TER EN CONTA: 

 

  • Todo o alumnado poderá presentar a súa solicitude de admisión pedindo ata 6 centros por orde de preferencia. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar ou poderase realizar a través da SEDE ELECTRÓNICA (ED550B).
  • Na solicitude de admisión a persoa poderá obtar, de ser o caso, expresamente por un posto reservado a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 
  • Despois de presentar unha solicitude de admisión para renunciar deberá facerse expresamente indicándoo na casilla correspondente da nova solicitude.
  • A existencia dunha solicitude de admisión en prazo e sen renunciar expresamente á anterior poderá ser causa de pérdida do dereito a participar no procedemento.
  • A solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno e alumna e terá caracter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.
  • A admisión e matriculación nun centro docente implicará respectar o seu proxecto educativo. 
  • Poderase consultar a información relativa ao proceso de matrícula(estado de tramitación, previsión de postos...) na aplicación admisión alumnado. (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado)

 

 

 

Podedes recoller os formularios para a admisión e matrícula na secretaría do centro ou chamando ao teléfono 981431848, así como resolver calquera outra dúbida relacionada co proceso.

RADIO CABANAS PRESENTA...

Dende Radio Cabanas fixemos un anuncio moi especial, onde contamos todo aquilo que nos gusta do noso cole!

Grazas a Samuel, Alicia e Martín de 6º de primaria, por realizar este Podcast, non podemos deixar de escoitarvos!

 

PICADE NA IMAXE PARA ESCOITALO

 

 

ENTROIDO 2024. FESTA DE ENTROIDO E MANDATOS DO MECO.

01/02/2024 21:31
Europe/Madrid

Achégase o entroido e o vindeiro luns comezamos cos mandatos do MECO, que neste curso 23-24 teñen moita relación co proxecto anual de centro: O CINE.

Queremos recordar que son mandatos NON ACUMULATIVOS, e que, na medida do posible, as familias manteñades a intriga do mandato do seguinte día, pois as nenas e nenas descoñecen o que lles pide o MECO para o día seguinte, será TODO UNHA SORPRESA!

 

Tamén achegamos o programa para o día 9 de febreiro, FESTA DE ENTROIDO.

Esperámosvos para pasar ese día con nós. Será un día de CINE!

LECTURA E FAMILIAS: OBRADOIRO MÁSCARAS DE ENTROIDO

01/02/2024 21:16
Europe/Madrid

Ola familias!

O próximo xoves, 8 de febreiro, teremos un fantástico obradoiro de máscaras de Entroido con @pedrasartesan. Será ás 17:30 horas no Colexio.

Podedes inscribirvos enviando un correo anpa.o.castineiro@gmail.com ou por WhastsApp no teléfono 624230206.

Contamos con vós.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

         

PIM PAM EXPERIMENTA 2023

25/01/2024 19:54
Europe/Madrid

No pasado curso escolar 2022-2023, o alumnado de 6º de Educación Primaria participou no Pim Pam Experimenta 2023, onde acudiron aos estudos de gravación da TVG como concursante deste programa científico.

Xa podedes ver este é outro programas doutros centros educativos na canle xabarín.gal, onde se están a emitir.

Desexamos que disfrutedes co visionado!

 

Distribuir contido