Informamos de que todo o alumnado que presentou solicitude de admisión, no noso centro, para o curso escolar 2022/2023, está admitido.
Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2022
Dentro do plazo establecido deberá presentarse a seguinte documentación:
- Impreso de matrícula:
- Informe médico-sanitario (segundo a lexislación, no informe médico do alumando deberá constar: que non padece enfermidade infectocontaxiosa, o seu estado inmunitario, se existe ou non deficiencias visuais e auditivas, así como, se precede, as medidas que habería que tomar no caso de que o/a alumno/a padecese algunha enfermidade ou limitación distinta das reseñadas anteriormente).
- Fotocopia da cartilla sanitaria.
- Tres fotografías tamaño carnet.
- Elección do ensino de Relixión ou Atención Educativa.
- Elección de Lingua (Inglés-Francés).
- Cuestionario sobre a lingua materna (SO PARA O ALUMNADO DE 4º EI)
- Autodeclaración para o uso de comedor escolar, se é o caso (ESTÁ PENDENTE DE PUBLICACIÓN).
- Elección da parada escolar, se é o caso.
Calquera dúbida, consultádenos. ceip.eladia.marino@edu.xunta.gal ou 981431848.
Un saúdo.