Nota informativa. BONO DEPORTE XUNTA DE GALICIA. CONCELLO DE CABANAS.

13/12/2023 00:41
Europe/Madrid

NADAL SOLIDARIO 2023. ACTIVIDADES PROGRAMADAS.

12/12/2023 10:47
Europe/Madrid

Este Nadal queremos aportar o noso gran de area dende o centro e queremos facelo colaborando coa ASOCIACIÓN COMETA, organización sen ánimo de lucro que dende o 2004 fai un traballo incansable polo benestar dos animais da zona de Narón e arredores. O seu obxectivo principal é protexer e cuidar aos animais que se abandoan, maltratados ou que se atopan en situación de risco.

Deixamos a continuación a forma de participar dende o centro.

 

Tamén vos deixamos a programación do centro para este días.

 

 

ELABORA O TEU ADORNO PARA A ÁRBORE DE NADAL

05/12/2023 17:58
Europe/Madrid

Achéganse a época de Nadal, e como en anteriores anos, precisamos a vosa colaboración para poñer a árbore do centro ben bonita.

A continuación deixamos cal será o motivo decorativo deste curso.

Estes días de ponte poden ser uns días perfectos para elaborar en familia o voso adorno.

A disfrutar creando!

MAGOSTO 2023

03/12/2023 19:05
Europe/Madrid

O pasado 10 de novembro poidemos desfrutar da celebración do Magosto no colexio.

Pese a que o tempo non nos permitiu facer esta celebración ao aire libre, poidemos vivir este día tan especial coas nosas familias.

Degustamos as castañas, gozamos coa actuación de "Chuches a mil" e rematamos o día facendo andar os nosos peóns e bailaretes que intercambiamos co CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela).

Non podemos esquecer a presenza das Mulleres Rurais de Cabanas, que nos achegaron ao centro a súa exhibición de elaboración de bonecas e flores a partires da folla do millo, o posto de venta para a autofinanciación do Proxecto Lóva do alumnado de 5º de EP e a exposición "Enraizadas", que continuou durante uns días no centro.

Grazas aos castañeiros por ano tras ano achegarse ao centro para facernos as castañas tan sabedoras da nosa festa do Magosto.

E grazas a todas as familias que desfutáchedes deste día connosco.

 

 

SAMAÍN 2023

16/11/2023 14:42
Europe/Madrid

Podedes disfrutar a continuación dun resumo das actividades do Samaín no Eladia Mariño neste curso 23-24.

 

Desexamos que disfrutes con este terrorífico vídeo.

 

 

DÍA DO ORGULLO NEOFALANTE. SOMOS UN POBO DE ARTISTAS.

Aquí presentamos o podcast que fixo o alumnado de 6º de Educación Primaria.

Trátase dun traballo que pretende poñer en valor a música en galego.

Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade de Concellos de Ferrol, desenvolvida por Rexenerando (S. Cooperativa Galega) e financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Actividade en colaboración co Concello de Cabanas.

 

Distribuir contido