MAGOSTO NO ELADIA MARIÑO

Familias, xa temos aquí a primeira xornada de convivencia entre toda a comunidade educativa.

Esperámosvos o 10 de novembro a partir das 12:00.

REDE ECOCOMEDORES

Dende cursos anteriores, o comedor do noso centro forma parte da Rede de Ecocomedores. Ao longo do curso, este programa axúdanos a elaborar os menús o mais equilibrados posibles e acércanos aos proveedores locais con productos ecolóxicos e de tempada.

Este curso, ademais, contamos cunha guía para as familias que vos deixamos a continuación:

 

Por outra banda, deixamos unha proposta de ceas que complementan o menú que facemos no centro.

 

 

Esperamos que toda esta información vos sexa moi útil e vos axude no día a día. Entre todos podemos facer que a nosa alimentación sexa o mais equilibrada e sana posible.

Moitas grazas a Nutricoles e Seitura22 por toda esta información e traballo, o comedor do Eladia Mariño está a aprender moito de vós. 

Deixamos os PDF con toda a información relacionada:

- Tríptico Ecocomedores.

- Guía para casa.

- Menú Rede Ecocomedores novembro-decembro.

- Dossier familias nov23-abril24 Ecocomedores.

 

 

ACTIVIDADE DO CONCELLO DE CABANAS: CONTACONTOS SAMAÍN.

O próximo sábado día 4 de novembro, ás 12:00, na Escola Laica (Casa da Cultura), a través do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña, poderedes disfrutar do seguinte contacontos. ANIMÁDEVOS!

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: CINE

Bo día familias:

Deixamos por aquí os vídeos co inicio do noso proxecto do Cine. Por un lado están as actividades nas que o alumnado tivo que averiguar cal era o proxecto deste ano escolar; e por outro lado a saída ao Cine Dúplex, o pasado 6 de outubro, día do Cine Español, para o visionado de Valentina.

Esperamos que vos guste moito.

 
 

SAMAÍN NO ELADIA!!!

23/10/2023 20:07
Europe/Madrid

O SAMAÍN ESTÁ A PIQUES DE CHEGAR, POR ISO DENDE O ELADIA INVITÁMOSVOS A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES QUE ESTÁN PREPARADAS PARA CELEBRALO.

Inscrición ou renovación cota familias asociadas. Curso 2023- 2024

17/10/2023 07:13
Europe/Madrid

Boa entrada de curso familias!

Achegamos o documento de inscrición para as familias que teñan interese en asociarse á ANPA, ou renovar a cota, neste curso 2023 - 2024.

As persoas xa asociadas tan só precisan renovar a cota e enviar o xustificante, as familias que se asocian por primeira vez deberán cubrir tamén o formulario.

https://docs.google.com/forms/d/1-7EUj3CVL0MvWxwEbVQOXqPEbngYcAPgU-qAyqMhT2s/viewform?edit_requested=true

DALLE Á LINGUA. CURSO 23-24

11/10/2023 19:53
Europe/Madrid

Estimadas familias, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole solicitamos a vosa colaboración.

Cada mes o voso fillo/a poderá traer nun papeliño un dito ou refrán que faga referencia a ese mes en concreto en galego, por exemplo no me de outubro “ En outubro a terra esterca e cobre”.

Por suposto non é obrigatorio e cada crianza poderá traer como máximo un dito ou refrán mensual.

Dependendo da idade do voso fillo/a pódese axudar en máis ou menos medida (buscando información, axudando a escribir, ou incluso escribindo os mesmos adultos se aínda non son quen de facelo) . Con todos os papeliños recibidos, cada mes escolleranse os máis populares, os máis orixinais e os máis bizarros. Todos estarán expostos nun taboleiro no corredor de entrada do colexio ata que veñan os do vindeiro (non vos preocupedes que vos iremos avisando mes a mes de cando podedes envialos).

 

No mes de OUTUBRO tedes ata o venres 20 para mandalos.

No mes de NOVEMBRO tedes ata o venres 17 para mandalos.

No mes de DECEMBRO tedes ata o xoves 14 para mandalos.

No mes de XANEIRO tedes ata o luns 22 para mandalos.

No mes de FEBREIRO tedes ata o luns 26 para mandalos.

No mes de MARZO tedes ata o venres 15 para mandalos.

No mes de ABRIL tedes ata venres 5 para mandalos.

No mes de MAIO tedes ata o luns 13 para mandalos.

No mes de XUÑO tedes ata o luns 10 para mandalos.

 

Moitas grazas pola colaboración e non olvidedes, “DARLLE Á LINGUA”, utilizando o galego.

 

Equipo de dinamización da lingua galega.

 

 

Asemblea xeral extraordinaria

20/09/2023 20:20
Europe/Madrid
O vindeiro venres 22 de setembro do 2023 ás 17:30h en primeira convocatoria, e 18:00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
 
1. Benvida a novas familias.
2. Como asociarse e/ou como participar.
3. Recorte da vacante de educación infantil, actuacións executadas e próximas actuacións.
 
Para calquera información, dúbida ou aclaración, as familias poden contactar coa ANPA a través do teléfono 624. 230. 206 ou email: anpa.o.castineiro@gmail.com
Distribuir contido