Skip to Content

NOVAS

Actividades de transición Infantil-Primaria

Durante a última semana do curso 2016/2017 tiveron lugar certas actividades para favorecer o paso dunha etapa a outra (no caso do alumnado do último curso de Educación Infantil [EI], que pasa a Educación Primaria [EP]) e o cambio de centro (no caso do alumnado que se incorpora en setembro a 4º de EI).

Por unha banda, levamos a cabo unha actividade que consistiu en crear oblas plásticas baseadas nas obras de Picasso (por habelas estudiado durante este curso os alumnos e alumnas de 1º de EP) en pequenos grupos heteroxéneos formados por alumnado de 6º de EI e 1º de EP. O alumnado de 6º de EI tamén aproveitou para observar detidamente a que vai ser a súa aula a partir de setembro, buscando semellanzas e diferenzas coa actual, e preguntar aos nenos e nenas de 1º todas as dúbidas que tivesen de cara ao ano que vén. Deixámosvos un vídeo-resumo da actividade: 

Por outro lado, tamén na última semana de curso recibimos a visita do alumnado de 3º de EI da Galiña Azul de Marín para que coñecesen o que, para moitos dos nenos e nenas que formaban este grupo, será o seu colexio a partir do mes de setembro. Así, puideron ver a biblioteca do centro, as aulas de EI nas que estaban nese momento os nenos e nenas coas súas "profes", o vestidor no que deixarán as súas chaquetas e os seus mandilóns, os patios... Desde o colexio agradecemos a vosa visita e agardámosvos en setembro! Para ver algunha imaxe da actividade pincha aquí.



blog | by Dr. Radut