As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.
Importe das axudas
• Os que teñen a condición de gratuidade total, teñen dereito a percibir 2,50€
• Os que teñen a obriga de pagar 1€, teñen dereito a percibir 1,50€
• Para o 1º período de libramento correspóndelle 14 días lectivos
Beneficiarios das compensacións
As familias con un ou máis fillos/as escolarizados que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.
Solicitudes. Lugar e prazo de presentación
• Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través de formulario normalizado dispoñible no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal
• Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído a Chave365
• As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos, poderán solicitar a colaboración do equipo directivo do centro. Para tales casos establecese:
• Identificación do solicitante no número 988 32 30 47 ou correo: ceip.dobolo@edu.xunta.es 
• A solicitude será única por cada familia e incluirá á totalidade dos fillos/as
• O prazo será dende o día 31 de marzo ata o 6 de abril, ambos os dous incluídos
Comprobación de datos
• Identificación do solicitante DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado
• Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
• Conta corrente onde realizar o ingreso
• A presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento dos datos persoais
Ø Podedes cubrir o seguinte formulario para presentar en sede electrónica ou no caso de non poder, podedes envialo cuberto ao correo do centro.
Ø As persoas que chamen para que se lles axude, deberán ter á man os datos antes mencionados.
O prazo máximo para resolver será de 10 días dende a data finalización do prazo de presentación de solicitudes. O pagamento, logo da resolución nun prazo máximo de 5 días.
Para ampliar esta información poden consultar pinchando aquí: Orde do 27 de marzo de 2020 (DOGA 30/03/2020).