Como xa sabedes, o 17 de Maio é o día das Letras Galegas, e aínda que este ano, dadas as circunstancias que estamos vivindo, se pospuxo a celebración dese día, nós, dende o centro, queremos homenaxear ó autor deste ano con algunha actividade, polo que vos propoñemos o seguinte:
Deixamosvos estas ideas para aqueles que queirades coñecer e traballar algo mais sobre Carvalho Calero.
A través deste enlace poderedes ver unha serie de caricaturas que o debuxante Siro elaborou, seguro que vos da ideas para debuxar a vosa!
Neste outro enlace tendes información sobre a vida do autor:
Se o que queredes son Unidades didácticas para traballar sobre o escritor, podedes acudir a estoutro enlace, hai algunhas en galego e outras en portugués:
"As pitas baixo a choiva" é unha páxina web que nos ofrece uns recursos moi chulos e amenos para aprender sobre Calero, conta con música, un conto e unha Unidade didáctica:
E coma todo-los anos, a web do Seminario Galán ofrécenos unha morea de recursos adaptados a diferentes idades para homenaxear, coñecer e traballar os autores homenaxeados cada ano nesta data tan importante para a nosa terra. Se premedes en cada un dos libros podedes acceder a distintas actividades, biografía, videos, xogos e incluso antigas fotografías:
E para táqueles con vena artística, un par de enlaces por si vos animades a participar. Como cada ano, a marca Feiraco convoca un concurso de relatos breves, este ano, ademais, engadiu a novidade dun Certame Infantil de Artes Plásticas moi interesante. Dende o centro animámosvos a participar, pois teredes a oportunidade de sacar á luz ese talento que moitos de vos tendes e ademais.... os premios son moi xugosos!!!
- https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0111/certame-relatos-breves-feiraco
- https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0112/certame-infantil-artes-plasticas-feiraco-2020
Adxuntos van un par de documentos mais sobre o autor.
E finalmente, unha serie de xogos, para que disfrutedes e o pasedes en grande!:
- AUTODEFINIDO: https://aulasgalegas.org/autodefinido-de-carvalho-calero/
- AUTODEFINIDO: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_1320.html
- BINGO: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_1329.html
- SOPA DE LETRAS E ENCRUCILLADO: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_1334.html
- QUEBRACABEZAS: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_1327.html
- XOGO DE PISTAS: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_1323.html
- XOGO DE PISTAS: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_1251.html
- PASAPALABRA: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_1317.html
- LIBRO DOS BOLECHAS: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0011.html
- LIBRO DOS BOLECHAS: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0006.html
- VARIADOS: http://primaveradasletras.gal/category/outros-materiais/
- NOTICIA DAS RÚAS: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/toen/2020/05/13/span-langgl-colexio-toen-concello-viana-do-bolo-proponen-actos-as-letras-galegasspan/0003_202005O13C2994.htm
E para rematar o festexo, unha cancionciña que vos faga disfrutar:
E aprender!: