Skip to Content

LETRAS GALEGAS

 

Como xa sabedes, o 17 de Maio é o día das Letras Galegas, e aínda que este ano, dadas as circunstancias que estamos vivindo, se pospuxo a celebración dese día, nós, dende o centro, queremos homenaxear ó autor deste ano con algunha actividade, polo que vos propoñemos o seguinte:

 

Deixamosvos estas ideas para aqueles que queirades coñecer e traballar algo mais sobre Carvalho Calero.

 

 

A través deste enlace poderedes ver unha serie de caricaturas que o debuxante Siro elaborou, seguro que vos da ideas para debuxar a vosa!

 

 

Neste outro enlace tendes información sobre a vida do autor:

 

 

Se o que queredes son Unidades didácticas para traballar sobre o escritor, podedes acudir a estoutro enlace, hai algunhas en galego e outras en portugués:

 

https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0009.html

 

LER MÁIS

 

 

 

"As pitas baixo a choiva" é unha páxina web que nos ofrece uns recursos moi chulos e amenos para aprender sobre Calero, conta con música, un conto e unha Unidade didáctica:

 

 

E coma todo-los anos, a web do Seminario Galán ofrécenos unha morea de recursos adaptados a diferentes idades para homenaxear, coñecer e traballar os autores homenaxeados cada ano nesta data tan importante para a nosa terra. Se premedes en cada un dos libros podedes acceder a distintas actividades, biografía, videos, xogos e incluso antigas fotografías:

 

 

 

 

E para táqueles con vena artística, un par de enlaces por si vos animades a participar. Como cada ano, a marca Feiraco convoca un concurso de relatos breves, este ano, ademais, engadiu a novidade dun Certame Infantil de Artes Plásticas moi interesante. Dende o centro animámosvos a participar, pois teredes a oportunidade de sacar á luz ese talento que moitos de vos tendes e ademais.... os premios son moi xugosos!!!

 

 

Adxuntos van un par de documentos mais sobre o autor.

 

E finalmente, unha serie de xogos, para que disfrutedes e o pasedes en grande!:

 

 

 

 

E para rematar o festexo, unha cancionciña que vos faga disfrutar:

 

 

E aprender!:

 

 



blog | by Dr. Radut