Skip to Content

Actualidade do centro

BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2021-2022 MEC

Achegamos o enlace do Ministerio de Educación  e Formación Profesional (MEC) para cubrir as bolsas 2021 – 2022 para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Premendo o enlace pódense comprobar os requisitos (límites de renda e patrimonio e necesidades que cubre), así como o tipo de bolsa e contía da mesma. As persoas que a desexen tramitar terán que informar ao centro, así como pedir cita previa para a entrega da documentación pertinente. Aconséllase non agardar á data final do prazo, xa que dende a escola é preciso achegar un informe individual de cada solicitante.

Solicitude de praza no comedor escolar para o vindeiro curso 2020/2021

Deberán presentar solicitude:
-
Alumnado matriculado no CEIP do Bolo no curso 2019/2020 que queira seguir sendo usuario
do comedor escolar no curso 2020/2021.
-Novo alumnado matriculado no CEIP do Bolo para o curso 2020/2021 que queira facer uso
do comedor escolar.
A solicitude debe presentarse cuberta e asinada, presencialmente, en administración do centro .
Podedes quedar comigo para entregalo ou para resolver calquera dúbida.
Prazo: do 19 de xuño de 2020 ao 10 de xullo de 2020.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO ANO ACADÉMICO 2020-2021

No seguinte ficheiro adxunto podedes consultar a relación de libros seleccionados para o vindeiro curso 2020/2021

SOLICITUDE AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021

Plazo

Plazo de presentación: 

20/05/2020 - 19/06/2020

1. El plazo para presentar solicitudes se iniciará al día siguiente de la publicación de esta orden en el Diario Oficial de Galicia y finalizará el día 19 de junio de 2020 incluido.

2. El alumnado que, una vez transcurrido el plazo indicado, pase a estar en situación de tutela o guarda de la Xunta de Galicia o se incorpore a un centro docente sostenido con fondos públicos procedente de fuera de Galicia o de un centro situado en Galicia, pero no sostenido con fondos públicos, podrá presentar la solicitud en el plazo de un (1) mes contado a partir del día siguiente a la formalización de la matrícula. No se podrán presentar solicitudes después del 31 de marzo de 2021.

3. El alumnado que repita 4º de la ESO y aquel que no obtenga plaza en formación profesional básica en el curso 2020/21 y formalice la matrícula en el curso de la ESO que le corresponda, cuando no haya presentado solicitud de participación en el fondo solidario ni de ayuda para adquirir material escolar en el plazo indicado, también podrá presentarla en el plazo de un (1) mes desde la formalización de la matrícula.

LER MÁIS

LETRAS GALEGAS

 

Como xa sabedes, o 17 de Maio é o día das Letras Galegas, e aínda que este ano, dadas as circunstancias que estamos vivindo, se pospuxo a celebración dese día, nós, dende o centro, queremos homenaxear ó autor deste ano con algunha actividade, polo que vos propoñemos o seguinte:

 

Deixamosvos estas ideas para aqueles que queirades coñecer e traballar algo mais sobre Carvalho Calero.

 

 

A través deste enlace poderedes ver unha serie de caricaturas que o debuxante Siro elaborou, seguro que vos da ideas para debuxar a vosa!

 

 

Neste outro enlace tendes información sobre a vida do autor:

 

 

Se o que queredes son Unidades didácticas para traballar sobre o escritor, podedes acudir a estoutro enlace, hai algunhas en galego e outras en portugués:

 

https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0009.html

 

LER MÁIS

AXUDAS ÁS FAMILIAS USUARIAS DO COMEDOR ESCOLAR

 

As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

Importe das axudas

       Os que teñen a condición de gratuidade total, teñen dereito a percibir 2,50€

       Os que teñen a obriga de pagar 1€, teñen dereito a percibir 1,50€

       Para o 1º período de libramento correspóndelle 14 días lectivos

 

Beneficiarios das compensacións

As familias con un ou máis fillos/as escolarizados que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

 

Solicitudes. Lugar e prazo de presentación

 

        Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través de formulario normalizado dispoñible no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal

       Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído a Chave365

       As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos, poderán solicitar a colaboración do equipo directivo do centro. Para tales casos establecese:

        Identificación do solicitante no número 988 32 30 47 ou correo: ceip.dobolo@edu.xunta.es

       A solicitude será única por cada familia e incluirá á totalidade dos fillos/as

       O prazo será dende o día 31 de marzo ata o 6 de abril, ambos os dous incluídos

 

Comprobación de datos

       Identificación do solicitante DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado

       Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería

       Conta corrente onde realizar o ingreso

       A presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento dos datos persoais

 

Ø  Podedes cubrir o seguinte formulario para presentar en sede electrónica ou no caso de non poder, podedes envialo cuberto ao correo do centro.

 

Ø  As persoas que chamen para que se lles axude, deberán ter á man os datos antes mencionados.

 

O prazo máximo para resolver será de 10 días dende a data finalización do prazo de presentación de solicitudes. O pagamento, logo da resolución nun prazo máximo de 5 días.

 

 

Para ampliar esta información poden consultar pinchando aquí: Orde do 27 de marzo de 2020 (DOGA 30/03/2020).

 

 

 

 

Abala Móbil

Estimadas familias:

Visto que se prolonga o estado de alerta e que a volta á actividade lectiva é incerta, temos a necesidade de poder manter o contacto coas familias e que vós poidades estar en contacto con todos @s Mestr@s d@s vos@s fill@s.

Pedimos entón que descarguedes a aplicación de Abalar Móbil nos vosos móbiles, e a través desta poderemos estar en contacto diariamente, recibiredes toda a información actualizada e poderedes consultar as notas d@s alumn@s.

                   Se tendes algún problema non dubidedes en poñervos en contacto connosco. Si a aplicación vos di que non recoñece ese número, chamádenos para actualizalo.

 

REVISTA CHOUPÍN 2019

Aquí vai o último número da revista do cole. Picade no enlace para ver o pdf!

Preparados para a festa do colegio

 

MENÚ FEBREIRO

 

MENÚ DE FEBREIRO

CONCERTO DIDÁCTICO

Este decembro acudimos ao concerto didáctico que nos deron os nosos amigos de "Fetén, Fetén"

 

DEREITOS DO NEN@

Así foi a nosoa campaña de vacina contra o "Violentovirus"

 

Gracias a todos os que viñéchedes á nosa consulta.

CANCIÓN "HAI QUE RECICLAR"

Aquí vos deixamos o enlace ao vídeo da nosa canción sobre a reciclaxe. Agardamos que vos gusten os nosos instrumentos.

 

https://youtu.be/FMJHgomt4No

MAGOSTO 2018

Xogos, castañas, chocolate, debuxos, chourizo e gaitas no Magosto do cole.

NAVEGA CON RUMBO

As novas tecnoloxías son moi boas ferramentas, pero como ferramentas hai que saber usalas con precaución porque temén teñen os seus perigos. Para ensinarnos a navegar sen perigo e estar alerta dos risgos de internet, acompañounos o noso amigo Manu de "Navega con Rumbo".

 

 

CHARLA SOBRE PRIMEIROS AUXILIOS

Aquí van unhas fotos da charla sobre primeiros auxilios que nos deu a Cruz Roja.

MENÚ NOVE,BRO

Premer no enlace para descargar o pdf adxunto

SAMAÍN NA PRENSA

SAMAÍN 2018

Aí van algunhas fotiñas do Samaín. Agardamos que o pasárades tan ben como nós.

EXPOSICIÓN: AS LETRAS DE FLORENCIO

Hoxe montáronos no patio e explicáronos a exposición que se fixo cos debuxos dos poemas de Florencio Gurriarán. Entre eles unha selección dos que enviamos dende o CEIP O Bolo.

Distribuir contido


by Dr. Radut