Somos científic@s, Cinema, Universo, Máquinas, O baleiro, Meteoroloxía, Electricidade e magnetismo

O ceo nocturno en Canarias

Que hai arredor da Terra?

Centos de miles de obxectos orbitan arredor da Terra, xa se trate de satélites en funcionamento ou ben o chamado lixo espacial, e cada vez hai máis. Na web "Stuff in Space" é posible facerse unha idea da situación: trátase dun mapa en 3D en tempo real de todos os obxectos artificiais que hai no espazo e a súa posición.

Os puntos vermellos mostran os satélites, os azuis anacos de satélites e os brancos-grises en xeral calquera tipo de restos.

Apertando o botón esquerdo ou dereito do mouse e arrastrando a imaxe cámbiase a posición do planeta e coa roda faise zoom ou afástase. Se se fai clic sobre un obxecto co botón dereito, móstranse todos os datos dispoñibles, dende o nome á altura ou velocidade de movemento.

Orixinal en National Geographic

Plutón comparado con Australia

Ácido o alcalino ?

Destino Plutón

Lava e xeo

O que sucede cando se verte lava sobre o xeo é que a alta temperatura desta fai que o xeo se sublime - é dicir, que o xeo sólido se converte instantaneamente en vapor, sen pasar polo estado líquido; ese vapor expándese e trata de escapar de debaixo da lava, formando esas burbullas que fan que pareza que a lava está en ebulición.

O vapor ademais protexe o resto do xeo da calor da lava no que se coñece como efecto Leidenfrost.

Cando a lava comeza a arrefriarse -cando pasa da cor vermella ao negro- comeza a solidificarse. Vólvese demasiado duro como para que o vapor poida romper as pompas e escapar, polo que queda atrapado dentro das burbullas solidificadas. O resultado é algo parecido a vidro soprado de forma natural.

Distribuir contido