Surrealismo en estado puro

O surrealismo é cercano e transparente para as crianzas. Básease no mundo dos soños, da fantasía e vai máis alá da realidade... e nese mundo eles e elas son autenticos mestres.

Todo está conectado

E ti... que opinas?

"É aprender" voluntariado en Tomiño de apoio ao alumnado da ESO fora do horario escolar

 

O saco de carbón

O SACO DE CARBÓN

Un día, un neno entrou na súa casa dando patadas no chan e berrando moi molesto. O seu pai chamouno e el seguiuno, dicindo en forma irritada:

- Papá, xúroche que estou moi enoxado! Un dos meus compañeiros non debeu facer o que fixo comigo. Por iso, deséxolle todo o mal do mundo, teño gañas de matalo!

O seu pai, un home cheo de sabedoría, escoitaba con calma ao fillo quen continuaba dicindo:

- Imaxínate que o moi estúpido humilloume fronte aos meus amigos. Non acepto iso! Gustaríame que enfermase para que non puidese ir máis á escola.

O pai seguiu escoitando e dirixiuse cara a unha esquina do garaxe da casa, de onde tomou un saco cheo de carbón o cal levou ata o final do xardín e lle propuxo:

- Ves aquela camisa branca que está no tendedeiro? Faiche a idea de que é o teu compañeiro e cada anaco de carbón que hai nesta bolsa é un mal pensamento que vai dirixido a el. Tíralle todo o carbón que hai no saco, ata o último anaco. Despois eu regreso para ver como quedou.

O neno tomouno como un xogo e comezou a lanzar os carbóns pero como o tendedeiro estaba lonxe, poucos deles atinaron na camisa.

Cando o pai regresou, preguntoulle:

- Fillo, que tal te sentes?

- Canso, pero ledo. Acertei algúns anacos de carbón á camisa.

O pai tomou o neno da man e díxolle:

- Ven comigo quero amosarche algo.

Colocouno fronte a un espello que lle permitiu ver todo o seu corpo... Que susto! Estaba todo negro e só se lle vían os dentes e os ollos. Nese momento o pai dixo:

- Fillo, como puideches observar a camisa quedou un pouco sucia pero non é comparable ao sucio que quedaches ti. O mal que desexamos a outros devólvesenos e multiplícase en nós. Por máis que queremos ou poidamos perturbar a vida de alguén cos nosos pensamentos, os residuos e a sucidade sempre quedan en nós mesmos.

Ten moito coidado cos teus pensamentos porque eles transfórmanse en palabras.

Ten moito coidado coas túas palabras porque elas transfórmanse en accións.

Ten moito coidado coas túas accións porque elas transfórmanse en hábitos.

Ten moito coidado cos teus hábitos porque eles moldean o teu carácter.

E ten moito coidado co teu carácter porque del dependerá o teu destino.

ANÓNIMO

Distribuir contido