Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

 

Aberto o prazo para solicitar axudas para o curso 2022 - 2023.

Prazo: do 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.

Dirixido a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade.
  • Trastorno grave de conducta ou da comunicación e da linguaxe.
  • Trastorno do espectro autista.
  • Altas capacidades.

 

Como solicitar a axuda:

Todo o proceso de solicitude de bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Unha vez cuberto, terás que imprimir o formulario de solicitude (un PDF) e presentalo no centro educativo onde vaias cursar, se non tes certificado electrónico.

 

Para máis información preme aquí.

Convocatoria NEAE - curso 2022-2023.