Xadrez en familia

Queridas familias:

Compartimos con vós un novo recurso educativo. Tedes dispoñible na aula virtual un curso de xadrez para as crianzas que lles vai axudar a mellorar o seu rendemento escolar.

 

Pinchade na imaxe

 

Beneficios do xadrez para as crianzas

En canto ás capacidades intelectuais, o xadrez pode axudar ás crianzas a mellorar:

- A atención, concentración e a memoria.

- O poder de análise, síntese e organización.

- A capacidade de resolución de problemas e toma de decisións baixo presión.

- A creatividade e a imaxinación.

- O razoamento lóxico-matemático.

 

E no que se refire á intelixencia emocional, o xadrez pode axudarlles a que aprendan a:

- Ter control emocional, sabendo levar tanto os éxitos como a frustración.

- Ter sentido de transparencia, sendo persoas honestas e íntegras consigo mesmos e cos demais.

- Adaptarse a múltiples e inesperadas situacións.

- Esforzarse para conseguir o que se propoñen e incrementar a súa autoestima e confianza.

- Ter iniciativa.

- Ter empatía e comprender ao opoñente durante o xogo.

- Traballar en equipo e colaborar.

AdxuntoTamaño
Xadrez.jpg101.96 KB