"Samagosto" Refoxeiro

Queridas familias: Este ano imos celebrar o "Samagosto" en dous días e os dous días estades convidadas a achegarvos ao cole e participar nos obradoiros e nas actividades. A programación vai ser a seguinte:

 

Martes 29: 

09:30h Inicio dos obradoiros de cociña: “Minipizzas Terroríficas” con Heidi, “Salchichas Momia Arrepiante” con Cristina, “Vasoiras de Bruxa” con Alfonso e “NatiFrank” con Faustino. Faremos grupos con crianzas de todas as idades que irán pasando por todos os obradoiros.

10:00h Primeiro cambio.

10:30h Segundo cambio.

11:00h Terceiro cambio.

11:30h Degustación compartida no patio cuberto dos pratos cociñados.

   12:30h Presentación da historia de “Jack O’Lantern” polo grupo de 3º e 4º.

   

  Mércores 30  

   09:00h Almorzamos musica terrorífica.

09:20h Lectura pública dos relatos de medo elaborados polo alumnado.

10:30h Desfile de disfraces no patio cuberto.

11:30h Magosto. 

12:30h Baile e xogo libre.

   13:00h Queima de medos (escribirán nun papel os seus medos máis grandes para tiralos ás brasas das castañas) e milladoiro (decorarán pedras con runas e o día da festa faremos un milladoiro dentro do tronco da “Árbore Coello”).