XV Xornada de nais e pais, educar en igualdade

in

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando a XV XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.

 

Dirixímonos a vostedes para solicitarlles a súa colaboración na difusión, entre a comunidade educativa dos centros, as persoas socias da ANPA, as familias e profesorado, desta actividade formativa destinada a sensibilizar ás familias e ao público en xeral na educación en igualdade e prevención da violencia de xénero.

 

Contaremos cun servizo de atención a menores  baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.

 

Para intentar facilitar a asistencia ás familias, ó profesorado e o público en xeral, esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:

  • A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
  • LUGO | 1 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70).
  • PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).
  • OURENSE | 8 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida da Habana, 79)

 

A Secretaría Xeral da Igualdade estará a súa disposición para toda a información que requira, no enderezo electrónico xornadas.igualdade@xunta.es e nos teléfonos 981 545360/ 981 545312. Achegámoslle o cartel e folleto informativo onde figura o programa e os datos do formulario de inscrición, que tamén se atopan dispoñibles na nosa páxina web http://igualdade.xunta.es/

Agradecéndolle de antemán a súa colaboración, e agardando que lle dea a máxima difusión posible a esta información, envíolle un saúdo cordial.
  

Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade

Secretaria Xeral da Igualdade

Edif. Administrativo San Lázaro s/n.

15781  Santiago de Compostela