Tecendo Lazos 2018

in

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, desenvolve o programa “TECENDO LAZOS 2018”, que ten por finalidade a realización de obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre, a través dos cales se pretenden poñer en marcha oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro, a sensibilización, a promoción do apoio social e o intercambio de recursos, aprendizaxes, ideas e valores encamiñados a producir entre as distintas xeracións lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios.

 

O programa desenvolverase durante os meses de setembro a decembro, podendo participar persoas de entre 6 e 99 anos.

 

Os obradoiros incluirán un módulo denominado "A historia do meu concello", que recollerá actividades enfocadas á recompilación de fotografías, historias, lendas, contos etc. en formato papel ou audiovisual de cada un dos concellos que se adhiran ao programa, co fin de reunir os datos mais significativos de cada un, premiando ao mellor traballo dos presentados.