Informámosvos de que a partir do día 4 de xuño o colexio vai comezar a utilizar abalarMóbil e que esta fin de semana imos deixar de usar definitivamente a conta de Whatsapp.
AbalarMóbil é unha aplicación da Consellería que permite ás familias acceder á información sobre o alumnado do centro a través do teléfono móbil desde calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
Máis información pinchando na imaxe.