Blog polos creativos

SUPERESTREO DO VÍDEO PROMO DO COLE!

Ola familias!

Teño o pracer de presentarvos o vídeo onde mostramos o noso colexio. Está feito baixo a visión e o traballo dos nenos e nenas de 5º dentro do Proxecto Polos Creativos. Non podemos estar máis orgullosos do noso alumnado.

Botade unha ollada premendo na imaxe!

ESTREAMOS EQUIPOS DE RADIO.

Ola familias,

Estreamos equipo de radio novo! Mesa de misturas, micrófonos e auriculares profesionais e un portátil. Grazas ao material aportado polo proxecto Polos Creativos.

Os primeiros en probalo foron os nenos e nenas de 4º de primaria. A verdade é que lle deron un moi bo uso. Xulgade vós mesm@s premendo na imaxe.

P.D. Desculpade a calidade do son, pero as profes aínda estamos aprendendo...;)

OBRADOIRO DE XADREZ

 O xadrez é unha disciplina que activa o pensamento matemático, a lóxica, a anticipación, a percepción espacial, a concentración e a memoria entre outras cousas. De novo, un ano máis tivemos o pracer de contar con Brais e o Clube de Xadrez de Mos. Ao longo dun mes fixo que os nenos e nenas lembrasen o aprendido o ano anterior, aprendesen novas xogadas e estratexias, disfrutasen e agardasen con ansia a seguinte sesión. Mil grazas Brais. Vémonos o vindeiro ano.

XORNADAS DE FORMACIÓN DIXITAL PARA AS FAMILIAS

Ola familias!

Continuamos coa formación ás familias dentro do Plan Dixital do centro. Será en marzo e haberá servizo de atención aos nen@s durante os cursos. Non é necesario ter coñecementos de informática. Animádevos anotándovos no whatsapp do cole.

O MATERIAL DE POLOS CREATIVOS XA ESTÁ AQUÍ!

 

AMIG@S NOVOS PARA C3PO

C3PO necesita amig@s novos. Así que usando a reciclaxe e a nosa creatividade pediunos como reto para conseguir outra xema para Ruby, que fixeramos uns robots. 

O resultado foi esta maravilla!

CONTINUARÁ...

 

 

 

FORMACIÓN SANTIAGO PERSOAS COORDINADORAS POLOS CREATIVOS

A primeira semana de decembro fomos convocadas a unha formación para coordinador@s dos Polos Creativo na cidade da cultura de Santiago. 

Asistimos a obradoiros baseados na aprendizaxe por Proxectos e na metodoloxía STEAM.

CONTINUARÁ...

MISIÓN MAPA DE RUBY E OS SEUS AMIGOS

C3PO trouxo unha nova misión. Coñecer o mapa de Ruby e situar as personaxes. Facer os percorridos colocando as flechas de norte, sur, este e oeste no chan ou cos Scornabots. Contamos coa colaboración dos maiores de 5º na elaboración das flechas.

CONTINUARÁ...

C3PO E AS SÚAS MISIÓNS

Coñecemos a C3PO un robot amigo de Ruby, moi tímido que nos trae retos ou misións para conseguir as xemas de Ruby

 

CONTINUARÁ...

PROGRAMANDO CON SCRACHT NO 25N

Como xa dixemos, chegou o momento de comezar a programar. Para iso, imos empregar a linguaxe de Scracht. Un simpático gatiño que a través de "etiquetas con código" permitirános crear dende presentacións ata videoxogos. Despois de dúas sesións, os de 3º, xa fomos quen de deseñar uns carteis con movemento para o 25N.

 

CONTINUARÁ...