Skip to Content

REBORRADIO 

 

Recuncho Fedello

Ainda que este "recuncho" empezou a funcionar o curso pasado, durante este trimestre incorporáronse novos materiais, como pezas de construción e material diverso, co fin de diversificar as posibilidades deste espazo.

O equipo da biblioteca  organizou un calendario de uso semanal dos recursos e reservou tempos para  a utilización do espazo  polos diferentes grupos internivel.

 

 

25 de outubro, Xornada Biblioteca Creativa

O venres 25 de outubro, o centro participou nunha xornada en Santiago como centro integrado no programa Biblioteca Creativa. Ao longo da mañá o ilustrador e escritor Pablo  Otero realizou un taller de creación.Xa pola tarde, tivemos a oportunidade de coñecer experiencias que xa están levando a cabo algúns centros pioneiros nestes programas . Pechou a xornada Arantxa Mariscal, directora da biblioteca de creación UBIK, de Donostia, para falar da incorporación do comunitario á biblioteca.

24 outubro, Día da Biblioteca, Tepo regresa !

 

As bibliotecas escolares galegas teñen o seu propio lema para este curso , BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA.

Con motivo da celebración do  Día da Biblioteca , Tepo decidiu regresar a nosa biblioteca , despois de estar un tempo "desaparecido".

  

 

                                            Tepo de novo na biblioteca.

    

" Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, seguindo a súa dinámica de difusión das posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar.

" O cubo dos soños"

O pasado luns , 13 de maio, iniciamos no centro " A Semana das Letras" . Dentro do programa de actividades, inauguramos a...

                               " PEQUE  BIBLIO "

 

                                                                             Biblio cubo.

Este habitáculo de madeira con asiento no seu interior,  entrada e rodas foi realizado por once alumnos dun curso de formación de carpintería do Concello de Tui.

Recollendo a idea dun proxecto iniciado en Santander, xurde esta  "biblioteca de soños" diseñada por unha afamada arquitecta.

Desta forma o concello de Tui construiu tres destas bibliotecas móbiles, sendo unha delas cedida ao noso centro.

A partir de agora será un novo lugar de lectura para todo a alumnado de Infantil e os primeiros cursos de primaria.

Mensaxeiro de Tepo

    

Nestas imáxenes vemos ao " Mensaxeiro de Tepo" que nas clases de Infantil mostra ao alumnado as novidades da Biblioteca. Foron moitas as veces que ao longo do curso o "mensaxeiro " foi por todas as aulas animando á lectura a todo o alumnado do centro.

Programa 13 - 2018/19 ---------- 12 ABR 2019

Este é o programa realizado o 12 de abril de 2019.

Participaron alumnos e alumnas de 3º E.P., 5º E.P. e 6º E.P.

Imos presentalo ao I CONCURSO DE PODCAST - RADIO NA BIBLIO organizado por Bibliotecas Escolares de Galicia. Estamos nerviosos e ilusionados pero temos claro que, pase o que pase, é estupendo facer Radio. Bravo rapaces!

 

 

 
 
 
 
AdxuntoTamaño
36018471_ceipderebordans.mp34.57 MB

Día Mundial do libro 2019

O Día Mundial do Libro é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO  en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 ) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega.

 

Desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2019.

Acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso á poeta, narradora, profesora e académica Marilar Aleixandre, quen xenerosamente cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un texto que convida  a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.

Proceso de cambio

Tendes entrado na biblioteca nestes últimos tempos? Pois si, estamos facendo cambios. Queremos que a biblioteca sexa un lugar no que o mobiliario favoreza a circulación de usuarios, así como actividais individuais ou grupais. Unha biblioteca inclusiva que dea resposta ás necesidades de todo o alumnado do centro.

Tamén crearemos un espazo maker , que comezou   coa presenza dos "escornabots", pero que estará aberto a moitas outras posibilidades. 

  

                                            Proceso de cambio.

Día Internacional da Muller, 8 de marzo

 

O Día Internacional da Muller, conmemorado cada 8 de marzo, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade ,facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade e  loitar pola superación dos atrancos. Comezou a ser celebrado pola ONU en 1975.

Entre as actividades para conmemorar este día, o alumnado de 6º de primaria consultou os fondos documentais da biblioteca , para coñecer a vida de galegas ilustres.



by Dr. Radut