Plans

Plans do centro

PLAN DE COMUNICACIÓN, DE BIBLIOTECA E DE ACTIVIDADE FÍSICA E HÁBITOS SAUDABLES.

No derradeiro Consello Escolar e Claustro de mestres do pasado mes de xuño, vense a aprobar e poñer en coñecemento da comunidade educativa, os plans de Biblioteca, de actividades físicas e hábitos saudables así como o Plan de comunicación. Pódense consultar todos eles clicando aquí. 

PLAN ANUAL DE LECTURA 2022-23

No adxunto está a disposición de toda a comunidade educativa o Plan Anual de Lectura para este curso 2022-23.

PLAN DIXITAL

Ponse a disposición da comunidade educativa o Plan Dixital aprobado o día 28 de xuño de 2022 no Consello Escolar. Este Plan comezará o seu desenvolvemento no vindeiro curso académico 2022/2023. 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID NO CENTRO 2021-2022

Nos arquivos adxuntos atópanse o Plan de Adaptación á Situación COVID para o curso 2021/2022 e o Plan de Continxencia anexo. Sinalar que basicamente seguirá as directrices do curso pasado. 

Na seguinte presentación, resúmese a organización para este curso 2021/2022 (ante calquera dúbida, poden poñerse en contacto co centro)

 

PLAN ANUAL DE LECTURA 2020-2021

A continuación publícase o Plan Anual de Lectura para este curso 2020-2021. Máis información, consultar adxunto.

PLAN DE ENSINO VIRTUAL - HORARIOS

Dentro do Plan de Continxencia (versión novembro 2020), acóllense os seguintes horarios para as diferentes etapas e niveis do noso centro. Estes serán de aplicación no caso de existir un confinamento, peche de aula e/ou do centro dentro do noso colexio. No documento adxunto poden ver con detalle cada un deles.

PLAN DE ACOLLIDA PARA O CURSO 2020/2021

Tal e como se sinalan nas Instrucións do 30 de xullo 2020 en relación ás medidas educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/2021, o Consello Escolar do centro acaba de aprobar na xornada de hoxe o Plan de Acollida para o curso 2020/2021. Pode ver o Plan completo no adxunto.

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID NO CENTRO

Na situación extraordinaria que toda a sociedade está a vivir, o centro educativo non é alleo a esta realidade. Seguindo as Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud Pública (DOG Nº 174 BIS do 28-08-2020) e a actualización das recomendacións sanitarias do comité clínico ao Protocolo do 22 de xullo de adapatación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para ao curso 2020/2021, o centro deseñou un plan para dar resposta a esta situación. Pódese consultar nos adxuntos:

- Plan de adaptación á situación COVID 19 no curso 2020/2021

- Anexos ó Plan

- Plan de Continxencia (versión de novembro 2020).

- Horarios do Plan de Ensino Virtual

 

 Na seguinte presentación, detállanse as principais modificacións na organización do centro cara este curso 2020/2021. (tamén poderán ser consultadas na Circular nº1 do centro)

 

Para coñecer con máis detalle as principais variacións do mesmo, realizaranse reunións para os diferentes grupos. Estas serán publicadas mañá unha vez aprobado o Plan de Acollida para o curso 2020/2021 polo Consello Escolar.

PLAN DE IGUALDADE

Seguindo a Instrución do 6 de setembro de 2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para a elaboración de Plans de Igualdade para o curso 2019/2020, deseñouse un Plan de igualdade para o centro. Para máis información, consultar documento adxunto.

PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Para o curso 2019/2020, o centro conta cun Plan de Atención á Diversidade elaborado polo Departamento de Orientación. Para máis información, consultar o documento adxunto.

Distribuir contido