Outros

Outros documentos do centro

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO 2022-23

O vindeiro martes 19 de setembro de 2023 terán lugar as reunións de comezo de curso dos diferentes niveis/ciclos do centro. Os horarios das mesmas son os seguintes (ver a circular ao completo no adxunto):

 

Cursos

Hora

Educación Infantil

18:30 h

1º e 2º Educación Primaria

18:00 h

3º e 4º Educación Primaria

17:30 h

5º e 6º Educación Primaria

17:00 h

 

 

Normativa de Organización e Funcionamento do Centro

Documento no que se recolle toda a normativa nas relacións, dereitos, deberes, obrigas e diferentes procedementos dentro das actividades e en relación ós membros da comunidade educativa actualizado trala aprobación no Consello Escolar do día 24 de xaneiro de 2023.

Poden consultar o texto ó completo no adxunto.   

MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-23

Xa están dispoñibles as listas de material escolar para o curso que dará comezo o día 8 de setembro de 2022.

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN DO COVID CON TEST DE ANTÍXENOS DE SALIVA

Adxúntase o protocolo para a detección de infección do COVID con test de antíxenos de saliva e como se realiza a toma da mostra e lectura do mesmo.

ALIMENTACIÓN EN IDADE ESCOLAR. PRIORIDADES E PROBLEMAS MÁIS FRECUENTES

Desde a E.E.I Plurinfantil da Pastora  e en estreita colaboración co CFR de Pontevedra, organizan o vindeiro día 10 de decembro de 2021 ás 18:00 h unha charla online sobre alimentación en idade escolar, prioridades e problemas máis frecuentes. Invítase a toda a comunidade escolar, tanto familias como profesorado, a participar na mesma posto que é un tema que preocupa e inqueda a moitas familias.  Esta charla formará parte da Escola de Familias a desenvolver neste caso promocionado pola E.E.I. da Pastora aínda que aberta a todos e todas dada a importancia do asunto a tratar. 

A ligazón á charla atópase no arquivo adxunto así como neste enlace. Clica aquí

MODIFICACIÓN Á MATRÍCULA EDUCACIÓN PRIMARIA (RELIXIÓN E VALORES SOCIAIS E CÍVICOS)

Adxúntase no arquivo o documento para realizar a modificación á matrícula do alumnado de Educación Primaria no relativo ás áreas de Relixión Católica e Valores Sociais e Cívicos. Este trámite poderase formalizar entre o 1 e o 15 de setembro de cada ano académico mediante a presentación desta solicitude debidamente asinada.

ENQUISA SOBRE A CONVIVENCIA ESCOLAR

A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. No senso de seguir avanzando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ponse en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa. 

Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (directores e directoras, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador. 

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental. Dentro desta inclúense non só os mestres, senón tamén as familias e o persoal de servizos que traballa a diario no centro.

A enquisa estará dispoñible ata o 29 de abril de 2021 . É anónima e voluntaria. Tan só se deberá introducir a clave achegada para poder cubrila.

As ligazóns de interese, dependendo do colectivo dende o cal resposte á mesma, son os seguintes:

- familias

- profesorado

- persoal de servizos

- alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

SOLICITUDE RECLAMACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS FINAIS/PROMOCIÓN DO ALUMNADO

Dacordo coa Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato e a Circula 2/2021 que a puntualiza nalgúns aspectos, adxúntanse os impresos de solicitude de reclamación ás cualificacións finais e/ou promoción do alumnado (para presentar no centro ou, de ser o caso, facelo perante a Xefatura Territorial).

ORDE DO 2 DE MARZO DE 2021 E CIRCULAR 2/2021 QUE REGULA O DEREITO DO ALUMNADO Á OBXECTIVIDADE NA AVALIACIÓN

Infórmase da publicación da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda en educación infantil, educación primaria, educación secundaria e bacharelato así como da Circular 2/2021 que o precisa. Dita documentación pode ser consultada nos adxuntos así como na seguinte ligazón.

 

No caso de querer exercer este dereito de reclamación que só se realizará en relación ás cualificacións finais e/ou promoción do alumnado, terá que facerse a través da presentación da solicitude para tal fin.

 

ENQUISA MEDIOS INFORMÁTICOS NOS FOGARES

No arquivo adxunto poderedes ver, descargar e/ou cubrir a enquisa sobre os medios informáticos nos fogares. A finalidade da mesma é coñecer a situación deste aspecto para, en caso de  ser necesario traballar dende os fogares en ensino non presencial, poder achegar do modo máis axeitado a información ás familias. Este documento pode ser descargado e cuberto á man ou ben cubrilo telemática e envialo a través do correo do centro ceip.castrelo@edu.xunta.gal Na situación actual será o medido de resposta máis recomendado.

Distribuir contido