blogue deadmin

Publicacións

Neste espazo recóllense as publicacións que o Colexio foi facendo ao longo da súa historia.

Pódese escoller entre visualizalas en Calaméo ou descargalas en formato .pdf dende Google Drive.

Benvida á nosa WEB

PROGRAMAS E PROXECTOS DO CENTRO

                                                 

CIRCULA DA ANPA O CASTRO DE CASTRELO - CURSO 2024/2025

Xa está dispoñible a Circular de inicio de curso da ANPA O Castro de Castrelo. Nela recóllense as instrución de como facerse socio, normas, dereitos e o cadro das actividades extraescolares ofertadas. Poderedes facervos socios neste enlace. Logo deberarse adxuntar o xustificante de pago. Se xorde algunha dúbida, podedes contactar coa ANPA a través do teléfono 625688800. Bo curso curso 2024/2025!!!

LISTAXE MATERIAL 2024/2025

Están dispoñibles as listaxes de material para o curso 2024/2025 dos diferentes cursos.

FICHA INSCRICIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024/2025

Achégase a ficha de inscrición do comedor escolar para este curso 2024/2025 xestionado pola ANPA O Castro de Castrelo. Este servizo comezará a funcionar o 11 de setembro de 2024, que será o primeiro día lectivo. Para facer uso del, é importante que se anoten as familias dende o comezo de curso para poder xestionar este servizo. Deben reservar praza chamando ao catering (986 408 151) ou ben mandando un correo electrónico a  calidad@arelas.es

No documento adxunto terán acceso á ficha de inscrición.

SOCIOS ANPA

Achégase enlace para a inscrición na ANPA O Castro de Castrelo. Sendo socios da mesma, o alumnado dispón de seguro asociado. No caso dos usuarios de comedor, é  de obrigado cumprimento cumplimentar este formulario e facerse socio.

 

https://forms.gle/jf9fkVWGzJV8JJmt5

AXUDAS PARA TRANSPORTE E ENSINO DO CONCELLO DE CAMBADOS 2024-25

Vense de convocar un ano máis as axudas para o ensino e o transporte do Concello para alumnado que curse Educación Primaria. Poden consultar toda a información así como os requisitos para poder optar a elas no documento adxunto.

PLAN DE COMUNICACIÓN, DE BIBLIOTECA E DE ACTIVIDADE FÍSICA E HÁBITOS SAUDABLES.

No derradeiro Consello Escolar e Claustro de mestres do pasado mes de xuño, vense a aprobar e poñer en coñecemento da comunidade educativa, os plans de Biblioteca, de actividades físicas e hábitos saudables así como o Plan de comunicación. Pódense consultar todos eles clicando aquí. 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/2025

LISTA DE LIBROS PARA O CURSO 2023/2024

 

(continúan vixentes os libros dos cursos anteriores)

EDUCACIÓN PRIMARIA____________________________________________

1º PRIMARIA

  •   1 PRI C. DA NATUREZA GAL.  CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN: 978-84-9185-411-1
  •   1 PRI C. SOCIAIS GAL. CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN: 978-84-9185-414-2 

2º PRIMARIA

  •  2 PRI C. DA NATUREZA GAL. CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN: 978-84-9185-694-8
  •  2 PRI C. SOCIAIS GAL. CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana)  ISBN: 978-84-9185-696-2

 

FONDO DE LIBROS________________________________________________

  3º PRIMARIA

  •   3 PRI CIENCIAS DA NATUREZA - CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN: 978-84-9185-410-4
  •   3 PRI CIENCIAS SOCIAIS – CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN 978-84-9185-416-6

  

4º PRIMARIA

  •   4 PRI CIENCIAS DA NATUREZA - CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN:978-84-9185-692-4 
  •   4 PRI CIENCIAS SOCIAIS – CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN 978-84-9185-698-6

 

  

En 5º PRIMARIA e 6º de PRIMARIA terán libro dixital (Abalar - Edixgal)

FICHA INSCRICIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 24-25

Pódese solicitar a inscrición no comedor para o vindeiro curso 2024-25. A continuación (documento adxunto), poderase acceder á ficha de inscrición. Se se presenta calquera dúbida, pódese contactar coa ANPA (625 688 800) ou no teléfono de contacto do catering (986 408 151).

Distribuir contido