Blogues

Publicacións

Neste espazo recóllense as publicacións que o Colexio foi facendo ao longo da súa historia.

Pódese escoller entre visualizalas en Calaméo ou descargalas en formato .pdf dende Google Drive.

Benvida á nosa WEB

PROGRAMAS E PROXECTOS DO CENTRO

                                                 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/2025

LISTA DE LIBROS PARA O CURSO 2023/2024

 

(continúan vixentes os libros dos cursos anteriores)

EDUCACIÓN PRIMARIA____________________________________________

1º PRIMARIA

  •   1 PRI C. DA NATUREZA GAL.  CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN: 978-84-9185-411-1
  •   1 PRI C. SOCIAIS GAL. CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN: 978-84-9185-414-2 

2º PRIMARIA

  •  2 PRI C. DA NATUREZA GAL. CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN: 978-84-9185-694-8
  •  2 PRI C. SOCIAIS GAL. CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana)  ISBN: 978-84-9185-696-2

 

FONDO DE LIBROS________________________________________________

  3º PRIMARIA

  •   3 PRI CIENCIAS DA NATUREZA - CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN: 978-84-9185-410-4
  •   3 PRI CIENCIAS SOCIAIS – CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN 978-84-9185-416-6

  

4º PRIMARIA

  •   4 PRI CIENCIAS DA NATUREZA - CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN:978-84-9185-692-4 
  •   4 PRI CIENCIAS SOCIAIS – CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN 978-84-9185-698-6

 

  

En 5º PRIMARIA e 6º de PRIMARIA terán libro dixital (Abalar - Edixgal)

FICHA INSCRICIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 24-25

Pódese solicitar a inscrición no comedor para o vindeiro curso 2024-25. A continuación (documento adxunto), poderase acceder á ficha de inscrición. Se se presenta calquera dúbida, pódese contactar coa ANPA (625 688 800) ou no teléfono de contacto do catering (986 408 151).

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA NOVO ALUMNADO CURSO 2024/2025

Trala publicación das listaxes definitivas de admisión de alumnado na que todo aquel que solicitou praza no centro dentro do período ordinario foi admitido para o vindeiro curso 2024/2025, infórmase que o prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2024. Lémbrase que é recomendable solicitar cita previa para este trámite.

 

 As familias deberán achegar a seguinte documentación no momento de formalización de matrícula:

 

Para calquera dúbida, poderanse poñer en contacto co centro a través do teléfono 886 151 171 / 886 151 172 ou no correo electrónico ceip.castrelo@edu.xunta.gal

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2024/25

Participación no fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

Axudas para a adquisión de material escolar: Todo o alumnado que o vindeiro curso 2024-2025 estea matriculado en Primaria poderá solicitar dita axuda. Nesta convocatoria estas axudas serán diferentes dependendo das marxes de renda per cápita de cada unidade familiar. Se a renda per cápita da unidade familiar é igual ou inferior a 6.000 €, a axuda será de 75 €; se é superior a 6.000€ e inferior a 10.000€, será de 60€.

O alumnado que curse 1º e 2º de Primaria, tamén poderá optar á axuda para a adquisición de libros de texto en diferentes contías dependendo da renta per cápita.

O alumnado que o vindeiro curso esté matriculado en 3º e 4º de Primaria debe solicitar o fondo de libros. O alumnado que realizase reserva de prazo noutro centro deberá presentalo neste último (alumnado de 6º)

O alumnado que reciba os libros de texto comprométese a conservalos en bo estado e devolvelos ao fondo solidario ao finalizar o curso 2024/2025. Os libros asignaranse por orden inverso á renda per cápita da unidade familiar. En caso de cambio de centro o alumnado deberá devolver o lote de libros recibido.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria só poderá solicitar axuda de material xa que no centro se desenvolve o programa E-Dixgal (emprego de materiais dixitais).

 

* Os libros entregaranse en setembro de 2024.

* Os vales/cheques poderán ser recollidos a finais do mes de xuño e no comezo do mes de xullo (enviarase aviso cando se atopen dispoñibles)

* Estas axudas serán compatibles con calquera outra axuda.

 

Toda a información premendo en D.O.G. de luns, 20 de maio de 2024.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR E DATOS XERAIS DA CONVOCATORIA

Anexo I e Anexo II (pódese descargar clicando nos anexos)

* Debe ser cuberto e entregado no centro no caso de realizarse de modo presencial (ver modos de presentación). Data límite: 21 de xuño de 2024 (inclusive). IMPORTANTE: Deben asinarse en todos os recadros ó efecto (tanto polo solicitante como daquelas persoas que computan na unidade familiar) e sinalar a autorización de comprobación de datos ou non de modo expreso riscando na casilla correspondente.

* Este anexo é válido para a solicitude de axuda para a adquisición de material escolar e de fondo de libros.

A solicitude será única para todos os/as fillos/as que estean no mesmo centro docente. Indicarase o curso no que estarán matriculados os nenos/as no vindeiro curso.

* Os datos da situación familiar teñen como referencia o 31 de decembro de 2022 (no caso de non autorizar a consulta de datos).

A renda familiar é a do ano 2022. Sumaranse as cantidades que aparecen nos recadros 435 e 460 e dividirase polo número de membros da unidade familiar.

Debe entregarse no centro a copia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.

Outra documentación (de ser o caso):

                   - documentación relativa a separación e/ou divorcio (convenio regulador no relativo a/o menor),

                  - discapacidade (de calquera membro da unidade familiar),

                  - situación de violencia de xénero,

                 - situación de acollemento  ou certificado do centro de menores en situación de garda tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

MODOS DE PRESENTACIÓN

Para a tramitación da solicitude de modo presencial recoméndase ter concertada cita previa vía telefónica. Para a recollida da solicitude NON será necesaria.

Poderase realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

1) Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.

2) Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Tras el, o centro recibirá aviso das solicitudes achegadas por esta vía.

 

Para calquera outra información ou dúbida sobre este procedemento e a súa solicitude, poden chamar ao teléfono do Centro: 886 151 171 ou no 886 151 172, preferentemente en horarios de atención ó público do equipo directivo.

BECAS ALUMNADO NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2024-25

O pasado 19 de abril de 2024 saiu publicado no OA a Resolución de 12/04/2024 da Secretaría  de Estado de Educación pola que se convocan as axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-25. As familias deberán cubrir as solicitudes vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación. O centro deberá, despois de que a familia entregue a documentación tramitalas. A dta límite de presentación será o 13 de setembro de 2024.

Para máis información, poden consultar clicando aquí, todo o procedemento a seguir así como a documentación a presentar.

 

PLAN MADRUGA CURSO 24-25

 Do 2 de maio ao 31 de maio de 2024 será o prazo para a solicitude do Plan Madruga do próximo curso 2024/25. Toda a información sobre o mesmo, así como a folla de inscrición e a documentación precisa para o trámite atópase no arquivo adxunto.

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2024/25

a. Normativa reguladora da admisión de alumnado.

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

b. Oferta de postos escolares para o curso 2023/24.

4º EDUCACIÓN INFANTIL .........................17 prazas + 3 prazas NEAE

5º EDUCACIÓN INFANTIL .........................8 prazas

6º EDUCACIÓN INFANTIL .........................11 prazas

1º  EDUCACIÓN PRIMARIA ........................ 0  prazas + 3 prazas NEAE

2º EDUCACIÓN PRIMARIA .........................9 prazas

3º EDUCACIÓN PRIMARIA .........................3 prazas

4º EDUCACIÓN PRIMARIA .........................3 prazas

5º EDUCACIÓN PRIMARIA .........................4 prazas

6º EDUCACIÓN PRIMARIA .........................7 prazas

c. Presentación de solicitudes.

Os impresos de solicitude poderán recollerse no Centro en horario de dirección,

Os impresos de solicitude, así mesmo, poden descargarse clicando na seguinte ligazón.

 

Unha vez cumprimentados, os impresos deberán entregarse no Centro acompañados da seguinte documentación:

- Fotocopia do libro de familia (todas as follas que estean cubertas) ou do DNI.

- Certificación do Centro de procedencia no que conste o nivel cursado durante o curso 2023/24 (só alumnado procedente doutro centro).

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

- Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar cando se opoñan á consulta automática dos datos.

 

A solicitude de admisión tamén pode facerse por vía electrónica cumprimentando e presentando a solicitude na seguinte aplicación: www.edu.xunta.es/admisionalumnado

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo de 2024.

Só se pode presentar a solicitude nun centro, de non seguir esta norma as solicitudes duplicadas serán anuladas.

 

d. O alumnado só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

Así mesmo, o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

En Castrelo, a 27 de febreiro de 2024.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2023 -2024

A través desta publicación e clicando en cada un dos cursos ou etapa, poderedes acceder ao contido de cada unha das programacións didácticas para o curso 2023- 2024:

- EDUCACIÓN INFANTIL

- EDUCACIÓN PRIMARIA (áreas impartidas na titoría): 

- ESPECIALIDADES

Distribuir contido