Benvida á nosa WEB

PROGRAMAS E PROXECTOS DO CENTRO

                                               

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2021-2022 - DÍAS NON LECTIVOS

Informamos do Calendario Escolar do centro para este curso 2021/2022 trala aprobación do mesmo polo Consello Escolar. Reseñar que como días non lectivos solicitáronse o 7 de decembro de 2021 e o 16 de maio de 2022.

A continuación detállase o calendario. Nel atópanse sombreados en gris todos os días nos que non hai clase (fin de semana e vacacións) e en verde os días de entrega de boletíns. Con asterisco atópanse os días solicitados como non lectivos (pendentes de aprobación dende a Xefatura Territorial).

 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS SOBRE PROXECTO ABALAR - EDIXGAL CURSO 2021-22

O CEIP Plurilingüe de Castrelo é un dos centros membros da rede Abalar Edixgal da Consellería. No documento adxunto, achégase información sobre o proxecto así como as dúbidas máis frecuentes entre as familias. Nesta información atoparán resposta a cuestións como que se pode facer ou non facer co portátil, responsabilidade dos equipos ou que facer en caso de avarías. Como novidade neste curso, as familias poden contratar un seguro anual para este equipamento. Atoparán toda a información no documento adxunto.

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL 21-22

Tralo Consello Escolar celebrado o pasado 28 de setembro de 2021, aprobouse a Programación Xeral Anual para o curso 2021-2022 así como a Addenda do Proxecto Lingüístico. Esta información pode ser consultada nos adxuntos a esta publicación.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO CURSO 2021/2022

Informamos que no presente curso 2021/2022 o horario de atención ó público do equipo directivo será o que se detalla na táboa a continuación. Lémbrase que para calquera trámite deberase solicitar cita previa, (ademais de manter as medidas sanitarias vixentes en cada momento).

LISTAS DE MATERIAL (CURSO 2021-2022)

Xa están dispoñibles as listas de material de cada curso para este ano académico 2021-2022. Pódense consultar nos arquivos adxuntos e tamén no taboleiro interior do centro situado na entrada do mesmo.

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID NO CENTRO 2021-2022

Nos arquivos adxuntos atópanse o Plan de Adaptación á Situación COVID para o curso 2021/2022 e o Plan de Continxencia anexo. Sinalar que basicamente seguirá as directrices do curso pasado. 

Na seguinte presentación, resúmese a organización para este curso 2021/2022 (ante calquera dúbida, poden poñerse en contacto co centro)

 

LISTA DE LIBROS PARA O CURSO 2021/2022- EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

LISTA DE LIBROS PARA O CURSO 2021/2022

 (non hai variacións respecto o curso anterior)

 

EDUCACIÓN PRIMARIA____________________________________________

 

1º PRIMARIA

 1 PRI LENGUA Primeros Pasos PAUTA SHContigo ML Ed. Santillana  ISBN: 978-84-680-4741-6

 1 PRI C. NATURAIS GAL. SABER FACER CONTIGO ISBN: 978-84-9185-037-3

 1 PRI C. SOCIAIS GAL. SABER FACER CONTIGO ISBN: 978-84-9185-035-9

 

2º PRIMARIA

 2 PRI LENGUA SH Contigo Mochila Ligera Ed. Santillana.  ISBN: 978-84-680-4746-1

 2 PRI C. NATURAIS GAL. SABER FACER CONTIGO ISBN: 978-84-9185-036-6

 2 PRI C. SOCIAIS GAL. SABER FACER CONTIGO  ISBN: 978-84-9185-033-5

 

FONDO DE LIBROS________________________________________________

 3º PRIMARIA

 3 PRI CIENCIAS DA NATUREZA - Saber Facer Contigo (Editorial Santillana) ISBN: 978-84-9185-232-2

 3 PRI CIENCIAS SOCIAIS – Saber Facer Contigo (Editorial Santillana) ISBN 978– 84 – 9185 – 229 -2

4º PRIMARIA

 L. GALEGA Proxecto: Os camiños do saber (Mochila Lix.) Obradoiro. Ed: Santillana    ISBN: 978-84-9972-073-9

 L. CASTELLANA Proyecto: Los caminos del saber (Mochila Lixeira). Ed.: Santillana.  ISBN: 978-84-294-7770-2

 MATEMÁTICAS Proyecto: Los caminos del saber (Mochila Lixeira). Ed.: Santillana.   ISBN: 978-84-680-1008-3

 C. DO MEDIO Proxecto: Os camiños do saber (Mochila Lix.) Obradoiro. Ed: Santillana   ISBN: 978-84-9972-191-0

 INGLÉS Surprise 3 (Course book + Activity book) Ed.: Oxford.  ISBN: 978-0-19-440803-5

 

En 5º PRIMARIA e 6º de PRIMARIA terán libro dixital (Abalar - Edixgal)

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO VERÁN 2021

Este ano máis ca nunca, a lectura pode acompañarnos tamén para disfrutar do verán. O equipo de Biblioteca preparou unhas cantas propostas que esperamos que sexan interesantes para todos e todas. Tan só queda desexar UN FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS!!!

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA NOVO ALUMNADO CURSO 2021/2022

Trala publicación das listaxes definitivas de admisión de alumnado na que todo aquel que solicitou praza no centro dentro do período ordinario foi admitido para o vindeiro curso 2021/2022, infórmase que o prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2021. Lémbrase que será preciso solicitar cita previa para este trámite.

 

 As familias deberán achegar a seguinte documentación no momento de formalización de matrícula:

 

Para calquera dúbida, poderanse poñer en contacto co centro a través do teléfono 886 151 171 / 886 151 172 ou no correo electrónico ceip.castrelo@edu.xunta.gal

Distribuir contido