REUNIÓN DE TITORÍAS CURSO 2020/2021

Informamos que os martes 29 de setembro de 2020 e 6 de outubro de 2020 terán lugar as reunións coas titorías.

As normas para participar nelas son:

    • un só asistente por alumno/a
    • emprego obrigatorio de máscara en todo momento.
    • hixiene de mans e calzado á entrada á mesma.
    • a reunión terá unha duración de 45 de minutos aproximadamente (protocolo para ventilación de espazos e adecuación dos mesmos á seguinte sesión). PRÉGASE PUNTUALIDADE.
    • trataranse os temas concretos de aula: normas, metodoloxía, actividades, desenvolvemento, avaliación...

 

A continuación detállanse os días, horas e espazos nos que se desenvolverán ditas reunións

Curso

 Día

Hora

Lugar da reunión

4º Educación Infantil

(3 anos)

Martes, 29 setembro

 

18:00 h

Salón de Actos

5º Educación Infantil

(4 anos)

Martes, 29 setembro

 

18:00 h

Salón de Actos

6º Educación Infantil

(5 anos)

Martes, 29 setembro

17:00 h

Ximnasio

1º Educación Primaria

Martes, 6 outubro

17:00 h

Salón de Actos

2º Educación Primaria

Martes, 29 setembro

18:15 h

Biblioteca

3º Educación Primaria

Martes, 29 setembro

17:15 h

Biblioteca

4º Educación Primaria

Martes, 6 outubro

17: 15 h

 Biblioteca

5º Educación Primaria

Martes, 29  setembro

17:00 h

Salón de Actos

6º Educación Primaria

Martes, 6 outubro

17:00 h

Ximnasio

 

 

ENQUISA MEDIOS INFORMÁTICOS NOS FOGARES

No arquivo adxunto poderedes ver, descargar e/ou cubrir a enquisa sobre os medios informáticos nos fogares. A finalidade da mesma é coñecer a situación deste aspecto para, en caso de  ser necesario traballar dende os fogares en ensino non presencial, poder achegar do modo máis axeitado a información ás familias. Este documento pode ser descargado e cuberto á man ou ben cubrilo telemática e envialo a través do correo do centro ceip.castrelo@edu.xunta.gal Na situación actual será o medido de resposta máis recomendado.

CIRCULAR INFORMATIVA CURSO 2020/2021 - EDUCACIÓN FÍSICA

Neste curso escolar preśentanse variacións de organización e normas en torno ás sesións de Educación Física. Atópanse detalladas no arquivo adxunto.

COMEZO DO CURSO- HORARIOS

Os próximos xoves 10 e venres 11 de setembro comezaremos as clases no colexio. Dende o centro queremos informar dos horarios e do comezo de cada un dos grupos:

- educación infantil: o horario será o publicado no taboleiro do centro e será adaptado nos primeiros días (consultar horarios de cada grupo).

- educación primaria: o horario será de 9 a 2 da tarde, polo que poderán facer uso sen problema tanto do transporte, Plan Madruga como o comedor escolar, no caso de telo solicitado (recordade que é xestión da ANPA). O xoves incorporaranse o alumnado de 1º, 2º e 3º. O venres a estes sumaráselle o resto dos cursos (4º,5º e 6º).

 

Calquera dúbida, pódense poñer en contacto co centro ben a través do noso número de teléfono (886151171/886151172) ou a través do correo electrónico (ceip.castrelo@edu.xunta.gal)

 

ORGANIZACIÓN DO NOVO CURSO ESCOLAR E INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Na xornada de hoxe e tal como sinala a Instrución do 30 de xullo 2020 en relación ás medidas educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/2021, a Dirección presentou, no seo do Consello Escolar, o Plan de Acollida para o curso 2020/2021. Nel inclúense as novas normas de organización en relación á adaptación do centro á situación COVID 19 así como outros aspectos básicos de importancia para toda a comunidade educativa. (podes consultar o Plan de Acollida premendo aquí)

 

Para informar deste Plan e de como se organizará o curso, realizaranse reunións coas familias. Para poder axeitar estas á situación actual, haberá unhas normas de seguridade que deben ser coñecidas por todos e todas:

  • un único asistente por alumno/a (haberá control de aforo no Salón de Actos).
  • obrigatorio o uso da máscara en todo momento e hixiene de mans e pés á chegada ao centro.
  • emprego das cadeiras nos postos sinalados (non se poderán mover)
  • a duración aproximada da reunión será de 70 minutos (unha hora e dez minutos). Así poderase proceder á desinfección das cadeiras e ventilación do espazo.

 

Estas serán as datas e horas das reunións:

Nivel

Data

Hora

6º Ed. Primaria

04/09/2020

10:30h

5º Ed. Primaria

04/09/2020

12:30h

4º Ed.Primaria

07/09/2020

10:30h

3º Ed. Primaria

2º Ed. Primaria

07/09/2020

12:30h

1º Ed. Primaria

08/09/2020

10:30h

6º Ed. Infantil (5anos)

08/09/2020

12:30h

5º Ed.Infantil (4 anos)

4º Ed. Infantil (3 anos)

08/09/2020

17:30h

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID NO CENTRO

Na situación extraordinaria que toda a sociedade está a vivir, o centro educativo non é alleo a esta realidade. Seguindo as Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud Pública (DOG Nº 174 BIS do 28-08-2020) e a actualización das recomendacións sanitarias do comité clínico ao Protocolo do 22 de xullo de adapatación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para ao curso 2020/2021, o centro deseñou un plan para dar resposta a esta situación. Pódese consultar nos adxuntos:

- Plan de adaptación á situación COVID 19 no curso 2020/2021

- Anexos ó Plan

- Plan de Continxencia (versión de novembro 2020).

- Horarios do Plan de Ensino Virtual

 

 Na seguinte presentación, detállanse as principais modificacións na organización do centro cara este curso 2020/2021. (tamén poderán ser consultadas na Circular nº1 do centro)

 

Para coñecer con máis detalle as principais variacións do mesmo, realizaranse reunións para os diferentes grupos. Estas serán publicadas mañá unha vez aprobado o Plan de Acollida para o curso 2020/2021 polo Consello Escolar.

INFORMACIÓN XERAL PARA O COMEZO DO CURSO 2020/2021

Estando a piques de comezar un novo curso académico nunha situación excepcional non vivida ata o momento, dende o CEIP Plurilingüe de Castrelo estamos a traballar para tratar de dar resposta á organización, prevención e medidas necesarias para dar comezo o curso escolar 2020/2021. Co fin de trasladar esta información ás familias, antes do comezo das clases que terá lugar o 10 de setembro de 2020, realizaranse reunións para achegar todos os aspectos xerais organizativos para o cursoEstas reunións:

  • terán lugar no Salón de Actos do centro respectando o distanciamento e o aforo do local (36 persoas máx en total incluídos os/as mestres/as).
  • recomendamos que só acuda un responsable/familiar por alumno/a co fin de evitar aglomeracións.
  • os asistentes deberán realizar a hixiene de mans e portar máscara en todo momento.

 

Nas próximas xornadas, publicarase o calendario de reunións así como outra documentación de interese para a comunidade educativa en torno á adaptación da actividade ó novo escenario actual.

Lémbrase a importancia de que as familias descarguen a aplicación Abalar Móbil xa que xunto con esta páxina e o blogue do centro, serán os medios de información básicos que se empregarán. 

Poden tamén poñerse en contacto co centro a través do teléfono de contacto 886 151 171/ 886 151 172 ou a través do correo ceip.castrelo@edu.xunta.gal

PLAN MADRUGA "OS PRIMEIROS DA CLASE" CURSO 2020-2021

O Concello de Cambados ofertará o vindeiro curso 2020-2021 o servizo do Plan Madruga no centro como ven realizando nestes últimos anos. Para isto, o próximo mércores 15 de xullo de 2020 ata o venres 14 de agosto de 2020 ábrese o prazo para a entrega de solicitudes. Este trámite realizarase na Biblioteca Municipal de Cambados Luis Rei en horario de 8:30 h a 14: 00 de luns a venres.

A documentación que será necesaria presentar é a seguinte:

- número de conta bancaria para o pago do importe do servizo.

- DNI do pai, nai e daqueles usuarios do servizo (alumno/a/s).

- certificado laboral do pai e da nai.

- certificado de convivencia naqueles casos que así se requiran (familias monoparentais).

NON SE DARÁ ENTRADA A NINGUNHA SOLICITUDE QUE LLE FALTE ALGÚN TIPO DE DOCUMENTACIÓN.

 

Para calquera dúbida, consultar na propia Biblioteca ou a través do número 986 520 008.

Engadir que, nas condicións actuais en relación coa pandemia do COVID-19, este servizo estará condicionado ás indicacións das autoridades competentes.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2020/2021

Infórmase que no taboleiro interior do centro atópanse publicadas as listaxes definitivas de alumnado admitido neste centro para o vindeiro curso 2020/2021. Seguindo a Lei de Protección de Datos, estas listaxes non poderán ser publicadas na web do centro. Non obstante, sinalar que todo o alumnado que solicitou praza nos diferentes niveis de infantil, están admitidos/as e deberán formalizar a matrícula  do 1 ao 10 de xullo de 2020, preferiblemente con cita previa. 

No momento de formalización de matrícula, o centro proporcionará este documento ademais doutras informacións e autorizacións referentes á imaxe, transporte ou comedor. As familias deberán achegar a seguinte documentación no momento de formalización de matrícula:

- Certificado médico de non padecer ningunha enfermidade infecto contaxiosa

- Copia da tarxeta sanitaria do/a alumno/a.

- Copia do boletín de vacinas (de ser o caso).

- 2 fotos tamaño carné.

 

Para calquera outra información e/ou aclaración deste procedemento, pódense poñer en contacto co centro nos teléfonos 886 151 171 / 886 151 172 en horario de 9:00 h a 14: 00 h.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2021/2022

Infórmase que no taboleiro interior do centro atópanse publicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido neste centro para o vindeiro curso 2021/2022. Seguindo a Lei de Protección de Datos, estas listaxes non poderán ser publicadas na web do centro. Non obstante, sinalar que todo o alumnado que solicitou praza nos diferentes niveis de infantil, están admitidos/as  . Tamén poderán consultar esta listaxe accedendo á sede electrónica a través dos diferentes medios de identificación válidos para a mesma (certificado dixital, DNI electrónico ou similar) No vindeiro mes de maio, procederase á publicación das listaxes definitivas. Tras esta informarase do prazo de formalización de matrícula (finais do mes de xuño).

Distribuir contido