Benvida á nosa WEB

PROGRAMAS E PROXECTOS DO CENTRO

                                                 

CIRCULA DA ANPA O CASTRO DE CASTRELO - CURSO 2024/2025

Xa está dispoñible a Circular de inicio de curso da ANPA O Castro de Castrelo. Nela recóllense as instrución de como facerse socio, normas, dereitos e o cadro das actividades extraescolares ofertadas. Poderedes facervos socios neste enlace. Logo deberarse adxuntar o xustificante de pago. Se xorde algunha dúbida, podedes contactar coa ANPA a través do teléfono 625688800. Bo curso curso 2024/2025!!!

LISTAXE MATERIAL 2024/2025

Están dispoñibles as listaxes de material para o curso 2024/2025 dos diferentes cursos.

FICHA INSCRICIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024/2025

Achégase a ficha de inscrición do comedor escolar para este curso 2024/2025 xestionado pola ANPA O Castro de Castrelo. Este servizo comezará a funcionar o 11 de setembro de 2024, que será o primeiro día lectivo. Para facer uso del, é importante que se anoten as familias dende o comezo de curso para poder xestionar este servizo. Deben reservar praza chamando ao catering (986 408 151) ou ben mandando un correo electrónico a  calidad@arelas.es

No documento adxunto terán acceso á ficha de inscrición.

SOCIOS ANPA

Achégase enlace para a inscrición na ANPA O Castro de Castrelo. Sendo socios da mesma, o alumnado dispón de seguro asociado. No caso dos usuarios de comedor, é  de obrigado cumprimento cumplimentar este formulario e facerse socio.

 

https://forms.gle/jf9fkVWGzJV8JJmt5

AXUDAS PARA TRANSPORTE E ENSINO DO CONCELLO DE CAMBADOS 2024-25

Vense de convocar un ano máis as axudas para o ensino e o transporte do Concello para alumnado que curse Educación Primaria. Poden consultar toda a información así como os requisitos para poder optar a elas no documento adxunto.

PLAN DE COMUNICACIÓN, DE BIBLIOTECA E DE ACTIVIDADE FÍSICA E HÁBITOS SAUDABLES.

No derradeiro Consello Escolar e Claustro de mestres do pasado mes de xuño, vense a aprobar e poñer en coñecemento da comunidade educativa, os plans de Biblioteca, de actividades físicas e hábitos saudables así como o Plan de comunicación. Pódense consultar todos eles clicando aquí. 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/2025

LISTA DE LIBROS PARA O CURSO 2023/2024

 

(continúan vixentes os libros dos cursos anteriores)

EDUCACIÓN PRIMARIA____________________________________________

1º PRIMARIA

  •   1 PRI C. DA NATUREZA GAL.  CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN: 978-84-9185-411-1
  •   1 PRI C. SOCIAIS GAL. CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN: 978-84-9185-414-2 

2º PRIMARIA

  •  2 PRI C. DA NATUREZA GAL. CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN: 978-84-9185-694-8
  •  2 PRI C. SOCIAIS GAL. CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana)  ISBN: 978-84-9185-696-2

 

FONDO DE LIBROS________________________________________________

  3º PRIMARIA

  •   3 PRI CIENCIAS DA NATUREZA - CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN: 978-84-9185-410-4
  •   3 PRI CIENCIAS SOCIAIS – CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN 978-84-9185-416-6

  

4º PRIMARIA

  •   4 PRI CIENCIAS DA NATUREZA - CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN:978-84-9185-692-4 
  •   4 PRI CIENCIAS SOCIAIS – CONSTRUÍNDO MUNDOS (Editorial Santillana) ISBN 978-84-9185-698-6

 

  

En 5º PRIMARIA e 6º de PRIMARIA terán libro dixital (Abalar - Edixgal)

FICHA INSCRICIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 24-25

Pódese solicitar a inscrición no comedor para o vindeiro curso 2024-25. A continuación (documento adxunto), poderase acceder á ficha de inscrición. Se se presenta calquera dúbida, pódese contactar coa ANPA (625 688 800) ou no teléfono de contacto do catering (986 408 151).

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA NOVO ALUMNADO CURSO 2024/2025

Trala publicación das listaxes definitivas de admisión de alumnado na que todo aquel que solicitou praza no centro dentro do período ordinario foi admitido para o vindeiro curso 2024/2025, infórmase que o prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2024. Lémbrase que é recomendable solicitar cita previa para este trámite.

 

 As familias deberán achegar a seguinte documentación no momento de formalización de matrícula:

 

Para calquera dúbida, poderanse poñer en contacto co centro a través do teléfono 886 151 171 / 886 151 172 ou no correo electrónico ceip.castrelo@edu.xunta.gal

Distribuir contido