CONCRECIÓN CURRICULAR DO CENTRO

Seguindo a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa da avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, procédese á publicación da concreción curricular co fin de informar á comunidade educativa dos criterios xerais de avaliación do alumnado, criterios de outorgamento de mencións honoríficas así como os criterios xerais na modificación das programacións didácticas. Poderanse consultar estes aspectos no documento adxunto a esta publicación.

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN DO COVID CON TEST DE ANTÍXENOS DE SALIVA

Adxúntase o protocolo para a detección de infección do COVID con test de antíxenos de saliva e como se realiza a toma da mostra e lectura do mesmo.

MARCO COVID ACTUAL

Achegamos información que pode ser de interese para as familias en relación á situación COVID actual. A continuación engádense as medidas xerais que debemos ter en conta en todos os centros educativos como medidas de prevención na propagación do virus (infografía Ministerio de Sanidad/ Ministerio de Educación y Formación Profesional)

Para información detallada, deixamos a continuación as ligazóns a estes dous textos de referencia:

 

ALIMENTACIÓN EN IDADE ESCOLAR. PRIORIDADES E PROBLEMAS MÁIS FRECUENTES

Desde a E.E.I Plurinfantil da Pastora  e en estreita colaboración co CFR de Pontevedra, organizan o vindeiro día 10 de decembro de 2021 ás 18:00 h unha charla online sobre alimentación en idade escolar, prioridades e problemas máis frecuentes. Invítase a toda a comunidade escolar, tanto familias como profesorado, a participar na mesma posto que é un tema que preocupa e inqueda a moitas familias.  Esta charla formará parte da Escola de Familias a desenvolver neste caso promocionado pola E.E.I. da Pastora aínda que aberta a todos e todas dada a importancia do asunto a tratar. 

A ligazón á charla atópase no arquivo adxunto así como neste enlace. Clica aquí

MÁSCARAS ALUMNADO CURSO 2021-22

Infórmase da publicación no DOG do día de hoxe (12 de novembro de 20219) da ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

Con esta publicación, ábrese o prazo de solicitude para a adquisición de máscaras para o alumnado de educación primaria que será dende o 15 de novembro ata o 26 de novembro de 2021, ambos días inclusive.

NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR PARA ESTE CURSO 2021/2022 (cheque de 50€). Este alumnado xa será beneficiario directamente deste procedemento.

 

Si poderán presentar solicitude aquel alumnado que non foi beneficiario desta axuda e que cumpra con algunha das seguintes condicións:

- que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

- alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ó 65%.

 

Xunto coa solicitude (ANEXO I E II)que se achegará dende o centro, deberase entregar documentación complementaria podendo variar esta dependendo da situación familiar:

- copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

- en caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convencio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor

- certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

- documentación xustificativa da situación de violencia de xenero no ámbito familiar.

- resolución xudicial da incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

 

Para tramitar a solicitude, deberase solicitar cita previa (886 151 171 / 886 151 172). Para calquera consulta, poden contactar co centro a través dos teléfonos anteriores ou ben a través do correo electrónico ceip.castrelo@edu.xunta.gal

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID NO CENTRO 2021-2022

Nos arquivos adxuntos atópanse o Plan de Adaptación á Situación COVID para o curso 2021/2022 e o Plan de Continxencia anexo. Sinalar que basicamente seguirá as directrices do curso pasado. 

Na seguinte presentación, resúmese a organización para este curso 2021/2022 (ante calquera dúbida, poden poñerse en contacto co centro)

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO- AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2021/2022

Participación no fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.

Axudas para a adquisión de material escolar: Todo o alumnado que o vindeiro curso 2021-2022 estea matriculado en Primaria poderá solicitar dita axuda. A renda per cápita da unidade familiar ten que ser igual ou inferior a 6.000 €. A axuda será de 50 €.

O alumnado que curse 1º e 2º de Primaria, tamén poderá optar á axuda para a adquisición de libros de texto en diferentes contías dependendo da renta per cápita (ver orde do 6 de maio, artigo 2, apartado 2)

O alumnado que o vindeiro curso esté matriculado en 3º e 4º de Primaria debe solicitar o fondo de libros. O alumnado que realizase reserva de prazo noutro centro deberá presentalo neste último (alumnado de 6º)

O alumnado que reciba os libros de texto comprométese a conservalos en bo estado e devolvelos ao fondo solidario ao finalizar o curso 2021/2022. Os libros asignaranse por orden inverso á renda per cápita da unidade familiar. En caso de cambio de centro o alumnado deberá devolver o lote de libros recibido.

- O alumnado de 5º e 6º de Primaria só poderá solicitar axuda de material xa que no centro se desenvolve o programa E-Dixgal (emprego de materiais dixitais).

 

* Os libros entregaranse en setembro de 2021.

* Os vales/cheques poderán ser recollidos a finais do mes de xuño e no comezo do mes de xullo (enviarase aviso cando se atopen dispoñibles)

* Estas axudas serán compatibles con calquera outra axuda.

 

Toda a información premendo en D.O.G. de xoves, 20 de maio de 2021.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR E DATOS XERAIS DA CONVOCATORIA

Anexo I e II (pódese descargar no arquivo adxunto así como premendo aquí)

* Debe ser cuberto e entregado no centro no caso de realizarse de modo presencial (ver modos de presentación). Data límite: 22 de xuño de 2021 (inclusive). IMPORTANTE: Deben asinarse en todos os recadros ó efecto (tanto polo solicitante como daquelas persoas que computan na unidade familiar) e sinalar a autorización de comprobación de datos ou non de modo expreso riscando na casilla correspondente.

* Este anexo é válido para a solicitude de axuda para a adquisición de material escolar e de fondo de libros.

A solicitude será única para todos os/as fillos/as que estean no mesmo centro docente. Indicarase o curso no que estarán matriculados os nenos/as no vindeiro curso.

* Os datos da situación familiar teñen como referencia o 31 de decembro de 2019 (no caso de non autorizar a consulta de datos).

* A renda familiar é a do ano 2019. Sumaranse as cantidades que aparecen nos recadros 435 e 460 e dividirase polo número de membros da unidade familiar.

Debe entregarse no centro a copia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.

Outra documentación (de ser o caso):

                   - documentación relativa a separación e/ou divorcio (convenio regulador no relativo a/o menor),

                  - discapacidade (de calquera membro da unidade familiar),

                  - situación de violencia de xénero,

                 - situación de acollemento  ou certificado do centro de menores en situación de garda tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

MODOS DE PRESENTACIÓN

Debido á situación sanitaria actual, para a tramitación da solicitude de modo presencial será necesario ter concertada cita previa vía telefónica. Para a recollida da solicitude NON será necesaria.

Poderase realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

1) Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.

2) Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Tras el, o centro recibirá aviso das solicitudes achegadas por esta vía.

 

Para calquera outra información ou dúbida sobre este procedemento e a súa solicitude, poden chamar ao teléfono do Centro: 886 151 171 ou no 886 151 172, preferentemente en horarios de atención ó público do equipo directivo.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2021/2022

Infórmase que no taboleiro interior do centro atópanse publicadas as listaxes definitivas de alumnado admitido neste centro para o vindeiro curso 2021/2022. Seguindo a Lei de Protección de Datos, estas listaxes non poderán ser publicadas na web do centro. Non obstante, sinalar que todo o alumnado que solicitou praza nos diferentes niveis de infantil, están admitidos/as sempre que o fixesen dentro do prazo de admisión (solicitudes presentadas entre o 1 e o 22 de marzo). Tamén poderán consultar esta listaxe accedendo á sede electrónica a través dos diferentes medios de identificación válidos para a mesma (certificado dixital, DNI electrónico ou similar) No vindeiro mes de maio, procederase á publicación das listaxes definitivas. Tras esta informarase do prazo de formalización de matrícula (finais do mes de xuño).

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2021/2022

Infórmase que no taboleiro interior do centro atópanse publicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido neste centro para o vindeiro curso 2021/2022. Seguindo a Lei de Protección de Datos, estas listaxes non poderán ser publicadas na web do centro. Non obstante, sinalar que todo o alumnado que solicitou praza nos diferentes niveis de infantil, están admitidos/as sempre que o fixesen dentro do prazo de admisión (solicitudes presentadas entre o 1 e o 22 de marzo). Tamén poderán consultar esta listaxe accedendo á sede electrónica a través dos diferentes medios de identificación válidos para a mesma (certificado dixital, DNI electrónico ou similar) No vindeiro mes de maio, procederase á publicación das listaxes definitivas. Tras esta informarase do prazo de formalización de matrícula (finais do mes de xuño).

ENQUISA SOBRE A CONVIVENCIA ESCOLAR

A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. No senso de seguir avanzando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ponse en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa. 

Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (directores e directoras, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador. 

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental. Dentro desta inclúense non só os mestres, senón tamén as familias e o persoal de servizos que traballa a diario no centro.

A enquisa estará dispoñible ata o 29 de abril de 2021 . É anónima e voluntaria. Tan só se deberá introducir a clave achegada para poder cubrila.

As ligazóns de interese, dependendo do colectivo dende o cal resposte á mesma, son os seguintes:

- familias

- profesorado

- persoal de servizos

- alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

Distribuir contido