Saltar navegación.
Inicio
Benvidos/as á web do noso centro, sito en Ferrol (A Coruña)

Complementarias (festas ou conmemoracións)

Feliz día das nosas letras!

O 17 de maio celébrase o día das letras galegas porque coincide coa data da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

 Este ano a homenaxeada é Luisa Villalta.

 No cole, para celebralo, fixemos un festival onde recitamos diversos poemas da escritora a través dos nosos murmuradores de poemas. Tamén bailamos muiñeira e un baile clásico cun poema de Luisa Villalta de fondo. Finalizamos a celebración coa actuación do coro EnCanto interpretando o himno galego. Ademais todo o alumnado recibio unha chapa da nova mascota das Ondas do Cruciero.

 

 

 
 

Celebramos os Maios

Os maios chegaron a Canido e ao noso cole!

Todos os nenos e nenas foron partícipes da creación destes preciosos maios que fixeron lucir o centro. Podedes ver tanto o proceso como o resultado final clicando a continuación:

Distribuir contido