Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Fase Final dos 21 días co galego e máis
Enviado por patrilopez o 23 Abril, 2024 - 10:06Algúns dos traballiños que fixemos para a fase final dos 21 días co galego e máis xa están publicados na súa canle de YouTube.
A continuación deixamos os enlaces para que poidades desfrutar deles, non volos perdades! Son moi divertidos e educativos.
Agradecer tamén ás familias do noso alumnado que colaboraron neste proxecto.
E xa que hoxe é 23 de abril...
DígochoEu
Pílulas
2 DE ABRIL
Enviado por patrilopez o 2 Abril, 2024 - 10:24Neste día, o Día Mundial de Concienciación Sobre o Autismo, queremos lembrar que o autismo NON É UNHA ENFERMIDADE, as persoas que viven con el teñen unha maneira diferente de interpretar as palabras, as cores, as formas e os sons do mundo que nos rodea.
A cinta conformada por pezas dun crebacabezas fai alusión á complexidade que representa o autismo, e cada unha das pezas dunha cor diferente alude á diversidade, CADA PERSOA CON AUTISMO É ÚNICA.
A continuación podedes ver o precioso vídeo realizado polo alumnado de 2ºA para conmemorar este día.
Rosalía de Castro
Enviado por patrilopez o 5 Marzo, 2024 - 11:39
ROSALÍA DE CASTRO
Enviado por patrilopez o 27 Febreiro, 2024 - 18:41O venres 23 foi o día da nosa querida Rosalía de Castro, por iso como cada ano, facemos traballiños moi chulos nas nosas aulas, como este que fixo a rapazada do edificio do Greco ao que lle poñen voz Roi e Xián de 5ºB.
E a continuación, un rap xenial dos alumnos de 6ºB, ao que teredes que estar moi atent@s, xa que logo tocaravos rapear a vos!
21 DÍAS CO GALEGO NA TELEMIÑO
Enviado por patrilopez o 18 Febreiro, 2024 - 15:23Seguimos con cousiñas dos 21 días co galego e máis, aquí deixámosvos a ligazón ao programa que nos dedicou Telemiño e aproveitamos para lembrar o xenial traballo da nosa rapazada nas aulas!
TRABALLO DO 1º CICLO
TRABALLO DO 2º CICLO
TRABALLO DO 3º CICLO
CLAUSURA 21 DÍAS CO GALEGO
Enviado por patrilopez o 9 Febreiro, 2024 - 11:07AGRADECER A ELISAUL CORTÉS, FOTÓGRAFO PROFESIONAL E
PAPÁ DE ANDREA E MARCEL POR ESTE VÍDEO TAN FERMOSO
QUE NOS FIXO PARA A CLAUSURA NO EDIFICIO DE SAS.
E TAMÉN A ARTUR PUGA POR COMPARTIR CON NÓS ESTA
EXPERIENCIA.
REMATAN OS RECREOS EN GALEGO PERO NÓS SEGUIMOS...
INFANTIL NOS 21 DÍAS CO GALEGO
Enviado por patrilopez o 9 Febreiro, 2024 - 10:56NON VEXADES O BEN QUE O PASOU ESTA RAPAZADA FACENDO
O SEU VÍDEO PARA OS 21 DÍAS CO GALEGO!!
RAPAZADA MARABILLOSA!!
SEGUIMOS COS 21 DÍAS CO GALEGO
Enviado por patrilopez o 9 Febreiro, 2024 - 10:25OLLADE CON ESTES VÍDEOS COMO SEGUIRON OS NOSOS 21
DÍAS CO GALEGO E MÁIS, FOI XENIAL!
21 días co galego e máis
Enviado por patrilopez o 30 Xaneiro, 2024 - 23:55QUE? VAI UN REPASIÑO DESTA PRIMEIRA METADE DOS RECREOS DO 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS?
PARECE QUE O PASAMOS BEN, PERO QUE MOI BEN...
ENLACES PARA SEGUIR O RETO
Enviado por patrilopez o 21 Xaneiro, 2024 - 11:52Xa levamos 5 DÍAS co reto do GALEGO e os nosos vídeos xa circulan polas redes. Que ben nolo estamos pasando!
Lembrarvos que este é un reto non só para facer no cole, senón tamén en FAMILIA. Por iso, durante a fin de semana colgaranse os xogos que gravamos durante o primeiro trimestre PARA XOGAR NA CASA.
É o mesmo blog que usamos no cole. Quédavos a continuación o enlace:
BLOG DOS 21 DÍAS CO GALEGO
E tamén os enlaces ás redes dos 21 días:
FACEBOOK DOS 21 DÍAS CO GALEGO
INSTAGRAM DOS 21 DÍAS CO GALEGO
TIKTOK DOS 21 DÍAS CO GALEGO
X DOS 21 DÍAS CO GALEGO