Equipo de Dinamización da Lingua Galega

ENTROIDO

Mañá empeza o entroido no Ceip O Couto!

Nosa Meca Coutolín, irá pedindo cousiñas ao longo da semana para ver que disfrace nos sae ao final,o xoves descubrirémolo!

E o venres... o venres a gran festa!

De momento, o seu mandato para mañá é...

BO NADAL!

 

Deixámosvos algúns dos nosos traballiños de Nadal, un Dígocho Eu no Couto moi divertido, un Podcast de Nadal, cun conto dos nosos alumnos con ensinanza e moita gracia e unha Felicitación de Nadal na que nos acordamos daqueles que están nunha situación difícil.

MOITA FELICIDADE PARA TODAS E TODOS E QUE O PRÓXIMO ANO VOS TRAIA NOVAS ILUSIÓNS!

 

 

 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 

Como cada ano, en novembro celébrase o mes da ciencia en galego.

Este ano resáltase a figura de Ángeles Alvariño, unha das nosas científicas máis importantes.

No cole traballamos física e química con diferentes experimentos.

Dous deles, deixámosvolos aquí, por se queredes facelos na casa, son moi divertidos!

 

 

 

 

MAGOSTO

 

A nosa querida festa do MAGOSTO, onde gozaremos c@s nos@s amig@s e comeremos ricas castañas, achégase!

Pero…canto sabes dela?

Aquí tedes un xogo baseado no Among Us para ver se sodes capaces de descubrir aos impostores do magosto.

Adiante!

 

 

PODCAST DO SAMAÍN

Tres historias de Samaín terroríficas... e moi divertidas!

@s alumn@s convertéronse en guionistas, intérpretes e técnic@s de son! E fixérono xenial! Non vos parece?

Podédelas escoitar nos arquivos adxuntos.

               

SAMAÍN

O Samaín achégase... e con el, as criaturas terroríficas...

En Galicia temos moitas, empezamos a descubrilas o ano pasado e este ano coñeceremos algunha máis.

Se necesitades lembrar os personaxes esta ligazón levaravos aos xogos do ano pasado.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcouto/node/1160

                

 

E con este xogo coñeceredes novas criaturas...

 

 

Xa podedes preparar os vosos relatos para gravar os PODCAST DO SAMAÍN, lembrade que deben ser micro relatos, escolleremos o mellor de cada aula e logo faremos a gravación.

ANIMÁDESVOS A ATERRORIZARNOS COAS VOSAS HISTORIAS??

 

Agora, se vos atrevedes xogade á OCA DO TERROR, a ver quen gana...

 

 

 

Finalmente tedes unha curtametraxe onde se explica a orixe da nosa lingua por unha mestra e unha MEIGA!

   

    QUE PASEDES UN SAMAÍN DE MEDO!

                 

ESTAMOS DE VOLTA!

 

 

 

 

BAILE DE 5ºA DE E.I (do curso pasado) COMPLETO 

FOTOS ANTIGAS

 

Queremos agradecer a todas as familias do Ceip O Couto que participaron neste proxecto conxunto para realizar esta exposición de fotos que recolle parte da nosa historia, non tan afastada... e ao mesmo tempo homenaxear ao poeta da nosa terra  Florencio Delgado  Gurriarán.

A todas elas mil grazas!

No edificio de Sas temos a exposición no terceiro andar e no edificio do Greco tedes unha parte da mesma nas cristaleiras da fachada principal do cole para que todas e todos poidades gozar dela. 

De novo grazas pola colaboración!

NON ÁS GUERRAS!

OBRADOIROS DE CIENCIA 2021-2022

 

Este curso 2021-2022 levamos a cabo na Aula Sirius un proxecto de Enxeñería Divertida que quixemos compartir con todos os nosos compañeiros e compañeiras ao longo do primeiro e o segundo trimestre e pasar así, un intre divertido aprendendo coa ciencia.

Aquí están os vídeos que o demostran!

Parabén polas exposicións orais! Estiveron xenial!

E por todo o traballo que hai detrás e que fixestes marabillosamente!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930