Equipo de Dinamización da Lingua Galega

GALICIENCIA

No Ceip O Couto atrevémosnos este ano cos Desafíos propostos por Galiciencia!

Esperamos que gocedes do noso terceiro reto!

Nós pasámolo xenial e aprendemos unha chea de cousas facendo estes TikTok!

Agora podedes axudarnos un pouquiño dándolle "likes" e facendo bos comentarios!

Grazas!

Máis abaixo deixámosvos tamén os vídeos do segundo desafío!

@ceip.o.couto_oficial Sirius #atrévetecoaaeronáutica #ciencia #humor ♬ original sound - Ceip o Couto

 

 

 

CENTRO DE REFERENCIA DIGICRAFT

Hai uns anos que os nosos profesores, Jorge e Miguel, puxeron en marcha nas súas aulas un programa educativo chamado Digicraft que ten como obxectivo formar a nenas e nenos nas competencias dixitais. Grazas a isto somos Centro de Referencia Digicraft.

Cada ano vanse sumando novos mestres a esta iniciativa e esperamos que aos poucos chegue a máis alumnado.

Onte viñeron ao cole para entrevistarnos e coñecer a nosa valoración acerca das actividades que realizamos e en xeral, foi moi positiva.

Grazas Ana pola túa visita!

8M DÍA DA MULLER

O 8M conmemórase o Día da Muller.

Rosalía de Castro foi unha das nosas primeiras pensadoras feministas. A través dela e grazas ao traballo das nosas alumnas e alumnos de Educación Infantil B queremos render homenaxe a todas esas mulleres, coñecidas e anónimas, que cos seus pensamentos, palabras e actos cambiaron e cambian o mundo aos poucos co obxectivo de conseguir a ansiada IGUALDADE!

Grazas a todas!

 

TAMÉN SAÍMOS EN TELEMIÑO!

 

Que ben falan as nosas nenas e nenos en galego!

 

Ollade, ollade!

 

ROSALÍA SEMPRE

 

Hoxe, 23 de febreiro, hai 186 anos que naceu nosa querida Rosalía de Castro, á que cada ano tentamos homenaxear ao noso modo desde o Ceip O Couto, do mesmo xeito que o fixeron grandes poetas como García Lorca:

 

Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta

¡Érguete, miña amiga,

que xa cantan os galos do día!

¡Érguete, miña amada,

porque o vento muxe, coma unha vaca!

…………………………………………………………….

 

Aquí quédanvos uns versos rapeados de Rosalía de Castro que teredes que terminar adecuadamente.

Seguro que o acertades todo!

 

ROSALÍA SEMPRE!

 

 

ENTROIDOS DA NOSA TERRA

Grazas a todos e todas os que nos axudastes este ano no noso afán por achegar a tradición, o sentimento e a fermosura dos Entroidos da nosa terra ás nenas e nenos do Ceip O Couto.

Foi unha semana intensa e de moita alegría grazas a vós.

FOLLATEIR@S DE LOBIOS

FELOS DE ESGOS

MÁZCARA DE MANZANEDA

Tamén tivemos a sorte de contar, por sorpresa, cunha Pantalla de Xinzo de Limia que nos regalou un dos seus bailes! (Ver vídeo no arquivo adxunto)

E tamén tivemos convidadas especiais de terras afastadas... pero que recibimos encantados e encantadas!

MILLÓNS DE GRAZAS A TODAS E TODOS!

PARA O ANO SEGUIREMOS TENTANDO

SORPRENDERVOS!

 

ENTROIDO

 

E CON ISTO REMATAMOS, SÓ NOS QUEDA GOZAR MAÑÁ NA GRAN FESTA DE ENTROIDO NO CEIP O COUTO!

ENTROIDO

 

Xa case temos o disfrace!!

Entroido

 

E para mañá...

ENTROIDO

 

Seguimos!!

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930