Equipo de Dinamización da Lingua Galega

BAILE TANXUGUEIRAS

 

A pesar de que non tiñan grupo para a batalla, Xiana e Andrea fixéronnos este vídeo titorial do baile que faremos o venres por se alguén quere practicar na casa.

Lembrade que algúns tedes que virar para a batalla e que non todas as rodas empezan polo mesmo lado! E lembrade tamén levantar as mans que estamos a bailar unha muiñeira moderna!!

Grazas rapazas! Que ben bailades! E grazas tamén aos DJS!

 

COUTO FEST

Xa queda menos para coñecer á aula gañadora da

I Edición do Couto  Fest!

Primeiro darvos a todas e todos o parabén por un traballo tan magnífico. As letras son incribles e cantar todos e todas xuntas é moi, moi difícil. Ademais o noso equipo de gravación era caseiro así que non puidemos facer máis polo resultado, o que si podemos asegurar é que en directo soaba xenial!

 

De momento non podemos desvelar de que aula é cada canción para asegurarnos que as votacións son totalmente obxectivas.

                                                                                  

Escollede a vosa gañadora e o venres descubriredes a quen pertence!

 


A continuación están todas as letras e nos arquivos adxuntos os audios.

Vai ser moi difícil escoller a mellor porque todas están xenial!

 

               

 

 

  

  

 

                   

 

                  

 

                                 

 

                   

 

                   

 

                    

 

        

 

LETRAS GALEGAS

 

O Día das Letras Galegas celébrase desde 1963 e escolleuse o 17 de maio porque foi o día no que se publicaron os 'Cantares gallegos' de Rosalía de Castro.

Así que durante este mes iremos subindo á web distintas entradas referidas ás actividades que temos preparadas para celebrar este día no cole como se merece.

Para empezar imos coñecer á persoa á que se homenaxea este ano, Florencio Delgado Gurriarán, que destacou non só como poeta e articulista, senón tamén polo seu labor cultural conectando o exilio de Latinoamérica con Galicia.

        

 

  • Pica nas seguintes ligazóns para facer os crebacabezas de fotos de Florencio Delgado Gurriarán.

Crebacabezas Infantil

https://puzzel.org/es/jigsaw/play?p=-N1-IpZB8GMuNfZAMTaR

Crebacabezas Primaria

https://puzzel.org/es/jigsaw/play?p=-N1-H_EXI-NML766QXOI

 

 

  • Agora un xoguiño de memoria  coa biografía do noso homenaxeado...

 

 

 

  • E para as alumnas e os alumnos máis maiores un xogo do blog “A fiestra da mestra”.

O vídeo é unha pequena introdución do xogo, se queredes tentar superar as probas picade na ligazón que está debaixo. 

 

                                                    

 

                                   https://afiestradamestra.wixsite.com/florenciodelgado

 

 

Para rematar un pouquiño da nosa música, de diferentes estilos,

esperamos que vos guste e que gocedes con ela ata que podamos desvelar as

cancións das nosas alumnas e alumnos do Couto Fest que sen dúbida son tan boas coma estas!!!   

 

https://youtu.be/Tblg_C8erMY (A Banda da Loba)

https://youtu.be/tcP_Pyws2tY (O Sonoro Maxín)

https://youtu.be/OP-IRZ1eur4 (Los Suaves)

https://youtu.be/ahOVkSPb3c4 (SÉS)

https://youtu.be/5UGmfYKh_2s (Diplomáticos de Monte Alto)

https://youtu.be/LsLcPI7D1Wk (Fuxan Os Ventos)

https://youtu.be/o9kyUDUPpN0 (Grilo)

https://youtu.be/ivF1z7NjfW8 (Luar na Lubre)

https://youtu.be/qVrm9Jlx0gA (Ana Kiro)

https://youtu.be/8xx7Tv_lga0 (Tanxugueiras & Rayden)

https://youtu.be/qdQb_pBjxIc (A Banda da Loba)

https://youtu.be/Glu02s8bW18 (O Sonoro Maxín)

https://youtu.be/BSf3tR2sC1Q (SÉS)

https://youtu.be/qkJBWfiYPTI (De Vacas)

ENTROIDO

 

 

Remata o segundo trimestre e que mellor que pechalo lembrando a nosa querida festa do Entroido!

A verdade é que nolo pasamos xenial!

Aprendemos, decoramos, investigamos e sobre todo gozamos coas nosas compañeiras e compañeiros.

Ata o próximo ano querido Entroido!

 

 

AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES

Os nosos nenos e nenas de 3ºA tamén lle fixeron unha fermosa homenaxe a Rosalía de Castro.

Mirade, mirade como recitan!

Impresionante!

Parabéns peques!

                           

 

 

            

                        (LEMBRADE QUE PODEDES SUBIR A CALIDADE DO VÍDEO NA ROSCA DOS AXUSTES)

8M "DÍA DA MULLER"

 

Non hai mellor día que o 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, para publicar algúns dos traballos que fixemos na nosa escola en honra a  Rosalía de Castro, unha  muller adiantada á súa época que xa no século  XIX, concretamente no ano 1858, escribía reflexións como as seguintes referíndose aos homes:

…”pero non acato os mandatos dos meus iguais e creo que a súa feitura é igual á miña feitura, e que a súa carne é igual á miña carne”…

164 anos despois aínda seguimos pedindo IGUALDADE.

 

 

 

As profes Mónica e Rebeca

Traballiños de distintas aulas

As e os peques de 1ºA

 

 

ROSALÍA SEMPRE

 

Se vos queredes divertir e ao mesmo aprender un pouquiño mirade este vídeo!

Tedes que elixir a resposta adecuada que termina a parte do poema de Rosalía.

Estes  pícaros e  pícaras tentaranvos enganar! Non sabemos se o conseguirán…

Ao terminar TOMAS FALSAS e unha canción moi chula do grupo  GRILO con letra de Rosalía de Castro.

Parabéns ás e aos artistas que fixeron posible este vídeo!

 

 

"ROSALÍA SEMPRE"

 

Esta semana ademais de celebrar a mellor festa do mundo... o noso  Entroido!!! Lembramos tamén, como cada ano, A NOSA ROSALÍA, porque como di a xenial presentación que compartiu connosco a mestra Lola:

“Rosalía de Castro é verso, é alma, é lingua, é Galiza…”

 

 

 

Tamén a mestra Cris comparte para vos este libriño de Rosalía de Castro.

(NO ARQUIVO ADXUNTO)

 

E por se queredes saber máis, este Genially que recompila unha morea de recursos!!

 

 

 

Finalmente, estade atentos e atentas ao blogue da Biblio, onde sempre podedes atopar recursos para aprender e gozar unha chea!

 

E non vos esquezades…

 

“ROSALÍA SEMPRE"

11 DE FEBREIRO NAS AULAS

 

Nas aulas do noso cole fixéronse moitas actividades para conmemorar o día 11 de febreiro.

Comprobamos que a ciencia é divertida e que tanto nenas como nenos poden dedicarse a ela.

Aquí deixamos algúns exemplos:

 

4ºA, 1ºA e Aula Sirius

 

 

 

 2ºB

11 DE FEBREIRO

O 11 de Febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

A nosa homenaxe e recoñecemento a todas esas mulleres que traballaron, traballan e traballarán para mellorar as nosas vidas a través deste vídeo no que só unhas poucas representan a todas as demais.

Grazas!

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930