Equipo de Dinamización da Lingua Galega

INFANTIL NOS 21 DÍAS CO GALEGO

NON VEXADES O BEN QUE O PASOU ESTA RAPAZADA FACENDO 

O SEU VÍDEO PARA OS 21 DÍAS CO GALEGO!! 

RAPAZADA MARABILLOSA!!

 

SEGUIMOS COS 21 DÍAS CO GALEGO

OLLADE CON ESTES VÍDEOS COMO SEGUIRON OS NOSOS 21

DÍAS CO GALEGO E MÁIS, FOI XENIAL!

 

 

 

 

21 días co galego e máis

QUE? VAI UN REPASIÑO DESTA PRIMEIRA METADE DOS RECREOS DO 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS?

PARECE QUE O PASAMOS BEN, PERO QUE MOI BEN...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENLACES PARA SEGUIR O RETO

 

Xa levamos 5 DÍAS  co reto do GALEGO e os nosos vídeos xa circulan polas redes. Que ben nolo estamos pasando!


Lembrarvos que este é un reto non só para facer no cole, senón tamén en FAMILIA. Por iso, durante a fin de semana colgaranse os xogos que gravamos durante o primeiro trimestre PARA XOGAR NA CASA.

 

É o mesmo blog que usamos no cole. Quédavos a continuación o enlace:

 

BLOG DOS 21 DÍAS CO GALEGO

 

E tamén os enlaces ás redes dos 21 días: 

 

FACEBOOK DOS 21 DÍAS CO GALEGO

 

INSTAGRAM DOS 21 DÍAS CO GALEGO

 

TIKTOK DOS 21 DÍAS CO GALEGO

 

X DOS 21 DÍAS CO GALEGO

 

21 DÍAS EN GALEGO E MÁIS

 

Falta moi pouquiño para que comece o noso reto e uns días cheos de xogos, música e arte.

                      

Un dos nosos retos consistirá en facer unha coreografía, e para iso imos contar coa axuda de Artur Puga!

Sabedes  quen é?

Un dos bailaríns que acompañou a Tanxugueiras naquel emocionante Benidorm Fest que as catapultou á fama!!!

Agora virá ao noso cole para acompañarnos neste reto e ensaiar unha coreo que seguro o petará nas redes sociais!

DEPENDE DE VOS!

Se aceptades o reto, deberedes practicar estes pasos moi ben para que cando veña Artur ao cole sáiannos perfectos!

Ánimo!

ENLACE PARA VER O VÍDEO

https://drive.google.com/file/d/1KILfXAy8aKL9RcVTfoR4J5rgB5LKTH1D/view?usp=sharing

 

 

OUTONO

 

O outono vai rematar e despedímolo coa poesía que preparou a nosa rapazada de primeiro.

Da gusto escoitar o ben que recitan en galego.

Seguide así! Parabéns polo traballo!

 

CANTA TROULA!

 

Levamos unhas semanas moi intensas de celebracións, primeiro Samaín, co noso concurso de cabazas, decoración e festa diabólica!

E logo, unha das nosas festas por excelencia, o Magosto!

Dous días de celebración no noso cole!

Un magosto que estivo cheo de amizade, risas, bailes, xogos e como non, fogueira e castañas!

Aquí tedes uns vídeos que recompilan un pouquiño do ben que nolo pasamos!

 

MAGOSTO

 

CÉ ORQUESTRA PANTASMA INFANTIL E 1º CICLO

 

CÉ ORQUESTRA PANTASMA 2º E 3º CICLO

 

COMO FACER MÚSICA CUNHA FOLLA DE HEDRA

 

CONCURSO DE CABAZAS

 

SAMAÍN 

BENVIDA AO NOVO CURSO

 

Como cada ano desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos darvos a benvida a este novo curso que empezamos con ilusión e animarvos a que empreguedes a nosa fermosa lingua para poder convertervos nos e nas gardiás da nosa historia.

Ademais, podemos utilizala para realizar fantásticos proxectos, así o fixeron o ano pasado as alumnas e os alumnos de 4ºA de Primaria.

Participaron no programa "Nós tamén creamos" converténdose en guionistas, directores, cámaras, especialistas en dobraxe... e en todas e cada unha das profesións que se precisan para realizar unha película.

A experiencia foi xenial e o resultado marabilloso!

Parabéns!

Picade na foto para ver a peli.

Tamén 4ºA foi a clase gañadora do noso "CoutoFest" na súa segunda edición.

2ºA levou o premio á mellor canción, esta vez do noso xurado profesional.

Así que se queredes cantalas outra vez, aquí as deixamos.

 

 

 

4ºB levou o premio a mellor directo e 1ºA foi a elixida polos nosos gañadores/as do "I CoutoFest".

Como todas as aulas fixeron un traballo fantástico, todas levaron un agasallo.

Así, aos poucos, convertémonos en gardiáns e gardiás do noso idioma!

 

II EDICIÓN DO COUTOFEST

                        

Ao fin chegou o momento máis esperado, ábrese o prazo para as votacións da II Edición do CoutoFest, durante a próxima semana teredes que escoitar e cantar todas as cancións e escoller a vosa preferida, aínda que non poderedes votarvos a vos mesm@s claro!

E non esquezades, tamén na próxima semana, preparar o directo para o Festival!

Darvos a todas e todos, nen@s e profes, o parabén por estas cancións tan fermosas!

E agradecer tamén a actuación dos nosos artistas convidados, como non, as nenas e nenos de Infantil que abrirán o Festival!

Viva o noso idioma galego!

E agora é tempo de cantar, bailar e gozar!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2023

O día das nosas queridas Letras Galegas achégase, e por iso fomos o Correlingua 2023, onde nolo pasamos de marabilla e ademais fomos grandes protagonistas interpretando no Auditorio dúas das cancións que formarán parte da II edición do CoutoFest que celebraremos no cole proximamente.

Como dicía unha das nosas cancións "MIÑA TERRA GRANDE E MEIGA, AI CANTO TE QUERO!"

 

 

 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930