Día non lectivo - 20 de maio

O vindeiro luns 20 de maio NON é lectivo no noso centro. Foi un acordo tomado en Claustro e Consello Escolar, seguindo indicacións da Orde de Calendario Escolar e coa aprobación de Inspección Educativa.

O IES O Couto tamén solicitou, en coordinación co noso centro, ese día, pero non lle foi concedido por motivos de organización escolar. O día non lectivo nese centro será o 16 de maio. 

Lembramos que este venres 17 de maio é o Día das Letras Galegas, festivo en toda Galicia. 

2 de maio - Día contra o acoso escolar

O día 2 de maio celébrase o día contra o Acoso Escolar. O noso alumnado, que forma o Equipo de Mediación, deixou as súas opinións nos informativos da Televisión de Galicia. 

Listaxe Provisional de Admitidos 2024-25

Anunciamos a publicación das listaxes PROVISIONAIS de admitidos no noso centro para o Curso 2024/2025.

Debido á Lei Orgánica de Protección de Datos as listaxes so se poden consultar nos taboleiros interiores do Centro, ou ben chamando ao noso teléfono (988 - 783060 ) indicando o DNI dalgún dos proxenitores e o número que aparece na fotocopia da instancia no rexistro de entrada. 

Tamén é posible consultar as listaxes na propia aplicación da Consellería:

https://edu.xunta.es/admisionalumnado/

Se as familias dispoñen de Certificado Dixital, DNI electrónico ou Chave365 poden acceder a todos os datos da súa solicitude.

Fin de prazo de admisión

Rematado o prazo de admisión para o curso 2024-25 informamos que nos cursos onde tiñamos vacantes non se superou o número de solicitudes e polo tanto non hai que baremar.

Nos cursos nos que non temos vacantes pero SI solicitudes, temos que baremar igualmente, según marca a normativa.  Porémonos en contacto coas familias correspondentes. 

As listaxes provisionais sairán publicadas o 25 de abril. Nese momento tamén confirmaremos se o alumnado de 3 anos terá praza en Greco ou Rampa de Sas segundo as súas preferencias. 

Despois das listaxes provisionais haberá un período de reclamación e posteriormente en maio serán publicadas as listaxes definitivas. 

Proceso de Admisión de Alumnado para o curso 2024-25

Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2024/25

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

Os trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática:https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

*VACANTES NO CEIP "O COUTO" CURSO 2024/2025

*Vacantes provisionais a febreiro de 2024

Cursos

Unidades

Postos escolares

Vacantes ofertadas

NEEAE

4º Infantil

2

40

40

6

5º Infantil

2

50

8

0

6º Infantil

2

50

9

0

1º Primaria

2

50

16

6

2º Primaria

2

50

0

0

3º Primaria

2

50

0

0

4º Primaria

2

50

0

0

5º Primaria

2

50

0

0

6º Primaria

2

50

0

0

CALENDARIO ADMISIÓN CURSO 2024/2025

Normativa Básica:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o decreto 13/2022

 

Prazos:
Do 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos incluídos.

Modos de presentación da solicitude

A solicitude pode presentarse de 3 maneiras

a) Cubrindo o modelo Anexo II - ED550B, que podes descargar ou cubrir no centro en horario de 9h a 14h

b) Entrando na aplicación, https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado, cubrir a instancia e presentar copia e documentos no centro, en horario de 9h a 14h

c) Entrando na aplicación, https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado e acceder con Certificado Dixital, Chave365 ou calquera outro medio de acreditación. Neste caso non hai que acudir ao centro, salvo para correxir erros.

Documentación que se debe presentar

Máis información en-> Sede Electrónica - Procedemento ED550B

1- Solicitude - Anexo II e II bis  --> Modelo de solicitude de admisión 

2- Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando estes deneguen a súa consulta) 

3.- Fotocopia do Libro de familia

4.- Certificado de empadronamento para comprobar a unidade familiar.

5- Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente. 

6- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, onde conste a custodia do menor, se é o caso.

Outras informacións:

O IPREM en 2024 non está actualizado ata que se aproben os orzamentos do Estado. De momento mantense como en 2023: 20€/día ou ben 600€/mes

Máis info en iprem.com.es

DESEMPATE :

En caso de empate nunha baremación terase en conta a seguinte resolución do 27 de febreiro de 2024:

Resolución

Criterio complementario:

1 punto por ter algún irmán no CEIP O Couto. (Aprobado en Consello Escolar en marzo de 2013). 

Acreditarase presentado orixinal e copia (de todas as páxinas escritas) do libro de familia.

Calendario:

Do 27 de marzo ao 6 de abril de 2024, ambos inclusive (sempre que a demanda supere a oferta de prazas):

O 25 de marzo, nesta mesma páxina, indicaranse aqueles cursos nos que se superou a demanda.

As persoas que reciban o aviso de tal circunstancia, poderán achegar, voluntariamente, a documentación acreditativa dos criterios de baremo que indicaron na solicitude de admisión (nos casos de renda, domicilio fiscal, familia numerosa ou discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia, só cando deneguen a súa consulta).

Antes do 25 de abril de 2024:

Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta páxina web a resolución provisional do alumnado admitido e non admitido (as persoas interesadas no procedemento poderán consultar na secretaría do centro as puntuacións desagregadas dos criterios de baremo).

A resolución provisional poderá recorrerse perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional

Antes do 15 de maio de 2024:

Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta páxina web a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido .

Contra a resolución definitiva poderase interpór recurso de alzada ante o/a Xefe/a Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Importante:

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma implicará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado, matriculado noutro centro no curso 2023-24, e que presente solicitude de admisión neste CEIP O Couto, deberá comunicalo ao centro no que actualmente cursa estudos.

Área de influencia do centro:

Comprende a Estrada Madrid-Vigo dende o río Miño ata a altura da rúa da Menta, rúa da Menta, rúa das Meigas, camino do Lobishome, avda. de Portugal ata confluencia coa rúa Irmáns Xesta, rúa Irmáns Xesta, marxe esquerda do río Barbaña dende a rúa irmáns Xesta ata avenida de Prdo de Cela, avda. de Pardo de Cela ata a Ponte , avda. da Ribeira Sacra dende avda. Pardo de Cela ata confluencia coa estrada Madrid-Vigo. Todas as rúas interiores dentro deste límite.

Áreas limítrofes: as áreas de influencia do CEIP Vista Hermosa, CEIP Manuel Luis Acuña, CEIP As Mercedes, CEIP Curros Enríquez e CEIP A Ponte.

Servizos complementarios ofertados

Comedor e acollida temperá diarios ofertados e xestionados pola ANPA (anpacouto@yahoo.es

 

Unha vez confirmada a admisión no noso centro,

o prazo de MATRÍCULA será:

do 20 de xuño ao 1 de xullo de 2024

 

Reserva de praza no IES O Couto

O IES O Couto informa de que todo o alumnado do noso centro, CEIP O Couto, que solicitou reserva de praza no período indicado, ten garantida esta praza para o curso 2024-25.

O seguinte paso, unha vez aprobado o curso de 6º de Primaria, será formalizar a matrícula nos últimos días de xuño. Hai que estar atento á web do IES O Couto para coñecer datas concretas. 

Tamén será posible solicitar axuda para Libros de Texto. O prazo habitual vai do 22 de maio ao 22 de xuño de cada ano, e hai que presentala por Internet ou no propio Instituto.

Aquel alumnado que non reservou praza no IES O Couto, ten que solicitar praza noutro centro entre o 1 de marzo e o 20 de marzo

21 días en galego

#21diascogalegoemais

Ollade canto baile houbo no final de festa no CEIP do Couto de Ourense con coreografía de Artur Puga. Moitas grazas a Elisaul Cortés, fotógrafo profesional e papá de Andrea e Marcel, por este vídeo tan fermoso!

Xornada de Portas Abertas - 19 de febreiro

O vindeiro luns 19 de febreiro teremos a Xornada de Portas Abertas no noso centro.

Convidámosvos a que coñezades a nosa oferta, as nosas instalacións, a nosa metodoloxía...

Terá lugar no edificio de Rampa de Sas desde as 17 horas.

21 días en Galego - Mulleres pintoras

As mulleres pintoras e a súa historia.

Coa explicación do noso alumnado dentro do programa "21 Días en Galego". Desfrutade do vídeo!

Reserva de praza para 1º ESO (2024-25) no IES O Couto

O alumnado matriculado en 6º de Primaria no curso 2023-24, que teña previsto continuar estudos de Secundaria no IES O Couto (o noso centro de adscrición) ten de prazo para reservar praza entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro. 

As solicitudes pódense entregar nas oficinas administrativas do CEIP O Couto (rampa de Sas) ou a través da aplicación online

Tamén en calquer outro rexistro oficial como indica a Lei de procedemento administrativo.

Aquel alumnado que pretendar continuar estudos nun centro diferente do IES O Couto, deberá agardar ao mes de marzo e presentar a solicitude de praza en dito centro educativo.

Enlace aplicación online -> Sede Electrónica Reserva Praza

Impreso de solicitude -> Solicitude ED550A

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031