21 días en Galego - Mulleres pintoras

As mulleres pintoras e a súa historia.

Coa explicación do noso alumnado dentro do programa "21 Días en Galego". Desfrutade do vídeo!

Reserva de praza para 1º ESO (2024-25) no IES O Couto

O alumnado matriculado en 6º de Primaria no curso 2023-24, que teña previsto continuar estudos de Secundaria no IES O Couto (o noso centro de adscrición) ten de prazo para reservar praza entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro. 

As solicitudes pódense entregar nas oficinas administrativas do CEIP O Couto (rampa de Sas) ou a través da aplicación online

Tamén en calquer outro rexistro oficial como indica a Lei de procedemento administrativo.

Aquel alumnado que pretendar continuar estudos nun centro diferente do IES O Couto, deberá agardar ao mes de marzo e presentar a solicitude de praza en dito centro educativo.

Enlace aplicación online -> Sede Electrónica Reserva Praza

Impreso de solicitude -> Solicitude ED550A

Felices Festas!

O equipo de Biblioteca e todo o equipo docente deséxavos unhas Felices Festas!!

Grazas a todas as familias, nais e pais que colaboraron na actividade: “Cóntame un conto no Nadal” foi un pracer contar con vós e unha ledicia para as vosas fillas, fillos e seus amigos….Graciñas!!!

20 de novembro, "Día do Neno"

Hoxe, 20 de novembro, celebramos o "Día do Neno". 

Neste día pretendemos sensibilizar á comunidade educativa sobre a situación dos cativos máis desfavorecidos e recordar os dereitos da infancia. 

No seguinte vídeo podemos apreciar a delicadeza e o realismo con que os pintores plasmaron a infancia nas súas obras. 

25 de outubro, día das Bibliotecas Escolares

Celebramos o Día das Bibliotecas Escolares presentando a toda a comunidade educativa o proxecto deste ano: ” Entre pinceis” que estará dedicado á pintura.

Traballaremos técnicas, experimentaremos coas mesturas e cores, coñeceremos pintoras e pintores e expresaremos sentimentos e emocións a través das producións plásticas.

Aquí deixamos o programa de vídeo que na mañá do día 25 escoitamos e vimos na biblioteca e que inician o proxecto.

Inicio do curso - 11 de setembro

Este luns 11 de setembro dará comezo o curso lectivo 2023-24. 

Desde o primeiro día teremos o noso horario habitual de 9h a 14h. 

O alumnado de 3 anos que optou polo período de adaptación terá o seu horario especial na primeira semana. O profesorado de Educación Infantil xa informou a estas familias do seu horario. 

A cancela principal (única entrada para o alumnado) en Rampa de Sas abrirá ás 8:50 e os/as alumnos/as se dirixirán a zona das filas onde cada titor/a pasará listado e subirán ás aulas. O alumnado de 3º e 5º de Primaria será ubicado polo profesorado no patio nas respectivas filas dos grupos A e B según a distribución deste curso. 

Se algunha familia necesita recoller libros de préstamo ou vales, se dirixirá directamente á nosa oficina administrativa a partir das 9 horas. 

No edificio de Greco tamén abrirán as portas minutos antes das 9.00 am. para a organización do alumnado no patio. 

As normas detalladas son as mesmas que no curso anterior 2022-23, que podedes consultar neste enlace --> Normas básicas

 

Libros de Texto 1º e 2º de Primaria - actualización

Actualizamos a información dos libros de texto que se van utilizar nos cursos de 1º e 2º de Primaria.

En 1ºA e 1ºB serán os libros de Matemáticas, Lengua Castellana, Ciencias Naturais e Inglés.

En 2ºA (edificio de Rampa de Sas) serán os libros de Matemáticas, Lengua Castellana, Lingua Galega, Ciencias Sociais, Ciencias Naturais e Inglés.

En 2ºB (edificio de rúa Greco) serán os libros de Matemáticas, Lengua Castellana, Ciencias Sociais, Ciencias Naturais e Inglés. 

O listado completo podes descargalo aquí.

Reunión inicial familias de alumnado de 3 anos

O vindeiro martes 5 de setembro, ás 10 horas, no edificio de Rampa de Sas, celebraremos a reunión inicial coas familias do alumnado de 3 anos (nacidos en 2020) e que se incorporan a 4º de Educación Infantil. 

Libros de Texto - Préstamo de Fondo de Libros 2023-24

A entrega dos libros de texto correspondentes ás axudas de Fondo de Libros terá lugar o vindeiro xoves 7 de setembro, cos seguintes horarios.

 


3º de Educación Primaria

09:30

4º de Educación Primaria

10:30

5º de Educación Primaria

11:30

6º de Educación Primaria

12:30

Os titores de cada grupo, no edificio de Rampa de Sas, entregarán os libros ás familias, previa sinatura dun xustificante de entrega.

Se algunha familia ten irmáns en distintos cursos, pode escoller a franxa horaria que prefira.

Para calquera consulta sobre adxudicación de libros de préstamo, podedes chamar ao noso teléfono 988 78 30 60 en horario de 9 h a 14 h. 

Lembramos que tamén están dispoñibles os vales para compra de material e/ou libros que non foron aínda recollidos. 

Listaxe DEFINITIVA de axudas para material e libros de préstamo

Publicadas as listaxes DEFINITIVAS para axudas do Fondo de Libros para o curso 2023-2024

Pódense consultar nos taboleiros interiores do noso Centro ou chamando ao 988 - 783060. Aquelas persoas que teñan Chave 365 ou algún certificado dixital tamén poden consultalo na aplicación Fondo Libros.

Non hai modificacións respecto á listaxe provisional. Se xa consultáchedes a información da provisional, non necesitades volver consultar a definitiva. 

Lembramos que os libros de préstamo serán entregados na primeira semana de setembro, en data que será debidamente anunciada. 

Os beneficiarios de 6 libros de préstamo recibirán os das asignaturas: Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias Sociais, Ciencias Naturais e Inglés. 

Os beneficiarios de 4 libros de préstamo recibirán os das asignaturas: Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas e Ciencias Sociais. 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031