Reto conseguido

   RETO CONSEGUIDO !!!!

Noraboa a todos e todas os que formamos parte da comunidade educativa do CEIP "O Couto".

Coa ilusión e esforzo de todos e todas nós, apostando por un futuro e un presente no que a igualdade poida non ser só un reto senón o noso día a día, onde a nosa educación sexa unha educación que garanta os valores de inclusión, de igualdade, de non discriminación e de respeto.

Noraboa,

xuntos, moito mellor.

Admisión Alumnado 2021-22

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para as vacantes ofertadas neste centro, informamos que

TODAS AS SOLICITUDES foron ADMITIDAS  e teñen garantida a RESERVA DE PRAZA para o curso 2021-2022 xa que a demanda non superou á oferta e polo tanto NON é necesario BAREMAR. 

Lembramos que o prazo de matrícula comezará o 20 de xuño de 2021.

Entroido - Pasarelas peregrinas

A comba peregrina

1000 grúas pola Igualdade

Prazo de Admisión para o Curso 2021-22

Entre os días 1 e 22 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2021/22

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

 

Os trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática creada para tal fin: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
 

VACANTES NO CEIP "O COUTO" CURSO 2021/2022

 

Cursos

Unidades

Postos escolares

Vacantes ofertadas

NEEAE

4º Infantil

2

50

50

6

5º Infantil

2

50

8

0

6º Infantil

2

50

8

0

1º Primaria

2

50

11

6

2º Primaria

2

50

2

0

3º Primaria

2

50

5

0

4º Primaria

2

50

5

0

5º Primaria

2

50

0

0

6º Primaria

2

50

1

0

 

CALENDARIO ADMISIÓN CURSO 2021/2022

 

Prazos
Do 1 ao 22 de marzo de 2021, ambos incluídos.

 

Documentación
Documentación que se debe presentar na secretría do CEIP O Couto para formalizar a solicitude de admisión:

1-  Solicitude - Anexo II. (A. 14) --> Modelo de solicitude de admisión 

2-  Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando estes deneguen a súa consulta)  (A. 16.1)

3-  Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente. (A. 16.1).

4- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, onde conste a custodia do menor, se é o caso.

IPREM --> Criterios para cálculo de IPREM

LETRAS DESEMPATE --> Resolución para determinar as letras de desempate

 

Criterio complementario: 1 punto por ter irmáns no CEIP O Couto. Acreditarase presentado orixinal e copia (de todas as páxinas escritas) do libro de familia.

 

 

Calendario:

 

Do 25 de marzo ao 9 de abril de 2021, ambos inclusive (sempre que a demanda supere a oferta de prazas):

O 23 de marzo, nesta mesma páxina, indicaranse aqueles cursos nos que se superou a demanda.

As persoas que reciban o aviso de tal circunstancia, poderán achegar, voluntariamente, a  documentación acreditativa dos criterios de baremo que indicaron na solicitude de admisión (nos casos de renda, domicilio fiscal, familia numerosa ou discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia, só cando deneguen a súa consulta).

 

23 de abril de 2021:

Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta páxina web a resolución provisional do alumnado admitido e non admitido (as persoas interesadas no procedemento poderán consultar na secretaría do centro as puntuacións desagregadas dos criterios de baremo).

A resolución provisional poderá recorrerse perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional

 

14 de maio de 2021:

Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta páxina web a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido .

Contra a resolución definitiva poderase interpór recurso de alzada ante o/a Xefe/a Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

Importante:

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma implicará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que presente solicitude de admisión neste CEIP O Couto, deberá comunicalo ao centro no que actualmente cursa estudos.

 

Área de influencia do centro:

Comprende a Estrada Madrid-Vigo dende o río Miño ata a altura da rúa da Menta, rúa da Menta, rúa das Meigas, camino do Lobishome, avda. de Portugal ata confluencia coa rúa Irmáns Xesta, rúa Irmáns Xesta, marxe esquerda do río Barbaña dende a rúa irmáns Xesta ata avenida de Prdo de Cela, avda. de Pardo de Cela ata a Ponte , avda. da Ribeira Sacra dende avda. Pardo de Cela ata confluencia coa estrada Madrid-Vigo. Todas as rúas interiores dentro deste límite.

Áreas limítrofes: as áreas de influencia do CEIP Vista Hermosa, CEIP Manuel Luis Acuña, CEIP As Mercedes, CEIP Curros Enríquez e CEIP A Ponte.

 

Servizos complementarios ofertados

Comedor e acollida temperá diarios ofertados e xestionados pola ANPA (anpacouto@yahoo.es) Teléfono 615027076

 

 

MATRÍCULA: O prazo é do 20 de xuño ao 30 de xuño de 2021

 

Reserva de Praza en 1ºESO curso 2021-22

O IES "O Couto" comunica que todo o alumnado (de 6º de Primaria do CEIP "O Couto") solicitante de praza para 1º ESO no IES "O Couto" para o curso 2021-2022 ten xa garantida dita praza. 

Se supera o 6º curso de Primaria deberá FORMALIZAR a MATRÍCULA no período 25 de xuño - 10 de xullo de 2021.

 

Familas peregrinas no Entroido 2021

Día da Paz

 

 

 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031