Dispoñibles os vales de Axuda para Material

Xa están dispoñibles os VALES de axuda para libros de texto de 1º e 2º de Primaria e os VALES de axuda para material de todos os cursos.

Pódense recoller na Secretaría do Centro en horario de 10 a 13 horas, ata o 24 de xullo inclusive.

Lembramos que o horario de verán do Centro é de 10 a 13 horas ata o 24 de xullo. 

Do 25 de xullo ao 31 de agosto, o Centro permanecerá pechado. 

 

Matrícula 2020-2021

Está aberto o prazo de matrícula 2020-2021 para nenos e nenas de nova incorporación no noso centro. O prazo durará do 1 ao 10 de xullo. Aquí tedes os impresos e a información necesaria. 

Hai que pedir cita previa para entregalos. O  noso teléfono é 988-783060

 

 

 

Recollida Historiais Académicos

 

Infórmase ás familias do alumnado de 6º de Primaria, que accede a Secundaria no vindeiro curso, que xa poden pasar pola Secretaría do Centro a recoller os Historiais Académicos

 

Listaxe Definitiva de Admitidos para o curso 2020-21

Anunciamos a publicación das listaxes DEFINITIVAS de admitidos no noso centro para o Curso 2020/2021.

Debido á Lei Orgánica de Protección de Datos as listaxes so se poden consultar no taboleiro de anuncios do Centro, ou ben chamando ao noso teléfono ( 988 - 78 30 60 )

Tamén é posible na propia aplicación da Consellería:

Admisión Alumnado

Se as familias dispoñen de Certificado Dixital, DNI electrónico ou Chave365 poden acceder a todos os datos da súa solicitude. 

 

Vídeo adicado á Promoción 2014-2020 - 6º curso

Becas Concello de Ourense

BECAS CONCELLO DE OURENSE

Convocadas polo Concello de Ourense, becas para axudas de libros, material escolar e comedores escolares.

Información no seguinte enlace:

Convocatoria de axudas

As tramitacións realízanse no Concello de Ourense ou no enderezo electrónico - Sede electrónica do Concello de Ourense

Prazo aberto do 22 de xuño ao 13 de xullo

Lista de Libros de Texto 2020-21

Listado de Libros de Texto para o curso 2020-21. 

* Lembramos ás familias que solicitaron a súa participación no fondo solidario de libros de texto, que deberán esperar á resolución da lista definitiva para saber que libros corresponden a cada neno.

 

Felices Vacacións

Chega o final de curso, un final especial, diferente e merecido.

Gracias a toda a comunidade educativa: nenos, nenas, familias, profesores, profesoras, conserxes, administrativa, persoal de limpeza… polo esforzo levado a cabo neste proceso que nos tocou compartir.

Cando todos xuntos remamos nunha mesma dirección en aras dun obxectivo común, o resultado sempre nos satisface.

Verémonos pronto

Deixamos as actividades da coarentena na Web durante todo o verán.

Disfrutade da lectura cos recursos da nosa biblioteca virtual.

Estaremos no cole para calquera dúbida ou aclaración no 988 78 30 60

Moitas grazas!

Feliz verán!

 

Libros para o Verán

Biblioteca Virtual

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930