Visita Papá Noel

 

 

 

Bo Nadal e Feliz Aninovo 2020 !

O noso Belén en Telemiño

O noso Belén Solidario nas noticias de Telemiño. 

 

https://www.youtube.com/watch?v=CD6zuudxfCU

Proxecto de "Belén Románico- navideño-Solidario"

Hoxe en Radio Voz Ourense, entrevista a nosa mestra Milagros Vázquez, coordinadora do equipo de actividades extraescolares e complementarias, que comparte con todos os oíntes

o noso Proxecto de "Belén Románico- navideño-Solidario"

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Non é non   

 

No colexio, unímonos as reinvidicacións en contra da violencia de xénero levando a cabo un acto conxunto no patio, no cual leemos o seguinte manifesto:

 

 

Somos nenos e nenas, pilares dunha educación que debe estar baseada na non desigualdade, desigualdade que marca diferencias, diferencias absurdas, diferencias sen nome, pilares dunha educación na que ser nenos ou nenas non condicione o noso futuro, nen os nosos dereitos, nen os nosos camiños.

Somos nenos e nenas que hoxe reclamamos o dereito a vivir dignamente, sen vulneración por cuestión de sexo, reclamamos a igualdade, manifestámonos en contra de calquera manifestación violenta , no dia de hoxe, hacia a muller polo simple feito de ser muller.

Somos nenos e nenas que reclamamos tolerancia cero, que entendemos que non é non, que entendemos nunca mais, que queremos unirnos a esas voces que loitan contra a violencia, a esas voces que calan en silencio,

Somos xóvenes,conscientes de que é labor de todos, desde a educación o respecto e a aceptación do distinto,fixar fortemente as bases para unha sociedade libre, xusta e igualitaria na que haxa tolerancia cero frente a este tipo de conductas violentas, nos que haxa tolerancia cero o medo, nos que haxa tolerancia cero …… nos que 0 sexa o número .

 

 

Hoxe, nenos, nenas, Mestres, mestras do cole Xuntamonos ahora, neste 25 de novembro, dia internacional contra a violencia de xenero, para sumarnos a todas as manifestacións de repulsa a calquera tipo de violencia por cuestión de xenero, alzamos as nosas voces nun compromiso, dende hoxe e para sempre:

 

-        

Respeto e tolerancia a todas as persoas

-        

Alzamos as nosas  voces ante calquer tipo de acto discriminatorio por cuestión de xenero

-        

Manifestamos a nosa solidariedade con todas as mulleres que sufren accions de este tipo e reclamamos as institucións competentes que se tomen as medidas oportunas para erradicar xa este tipo de actos violentos ,tolerancia cero.

-        

Faremos do noso cole un espazo seguro, de tolerancia cero ante discriminacións, agresións verbais, e calquera manifestación que violente a integridade das persoas.

 

E recordemos sempre, como di a canción:

Non e non

E somentes hai unha forma de dicilo

E somentes hai unha forma de escoitalo

Non e non

 

CANTAMOS     “NO es NO”    https://youtu.be/eA5d7CGtCt4

 

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020

Tras aprobación polo Consello Escolar e ratificación da XefaturaTerritorial, quedou fixado como DÍA NON LECTIVO no presente curso, o 4 de maio de 2020. 

Todo isto, dacordo co artigo 7, punto 2 da ORDE do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

“2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local a que se refireo punto anterior non coincidan con días de clase, os consellos escolares, os consellos sociais ou, na súa falta, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica. Esta petición deberá facerse antes do día 25 de outubro de 2019 perante a xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que, logo de informe da Inspección educativa e dos que coide oportunos, resolverá o que proceda”

E o Calendario Escolar 2019-2020 definitivo podese consultar neste enlace

 

 

CONCURSO DA CASTAÑA

Celebramos o concurso na procura da castaña de maior diámetro. 

<

 

SAMAÍN 2019

 

DÍA NON LECTIVO

Lembramos que o vindeiro 31 de outubro (xoves) será NON LECTIVO.

 

Dacordo co artigo 7, punto 3 da ORDE do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

"3. Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8.3 e co fin de unificar a celebración dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2019/20 se celebrará o 31 de outubro de 2019."

SEMANA DO CLIMA 2019

 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031