Mensaxe da profe Pepi

Gracias Pepi…

Queremos adicar a nosa páxina de hoxe a Pepi, mestra e compañeira do cole, que despois de moitos anos dedicados ao ensino, remata a súa traxectoria, co orgullo e satisfacción do traballo ben feito.

Foi para todos e todas nós un previlexio , agradecemos o teu cariño e entrega, que sen dúbida definen a túa labor.

Gracias Pepi!

O noso cole é o teu cole

Este vídeo, da súa parte, está adicado a todos nós: nenos, nenas, familias, compañeiros, compañeiras….

 

Informacións Fin de Curso

Listaxes Provisionais de Admitidos para o Curso 2020/2021

 

Anunciamos a publicación das listaxes PROVISIONAIS de admitidos no noso centro para o Curso 2020/2021.

Debido á Lei Orgánica de Protección de Datos as listaxes so se poden consultar no taboleiro de anuncios do Centro, ou ben chamando ao noso teléfono ( 988 - 78 30 60 )

Tamén é posible na propia aplicación da Consellería:

https://edu.xunta.es/admisionalumnado/

Se as familias dispoñen de Certificado Dixital, DNI electrónico ou Chave365 poden acceder a todos os datos da súa solicitude. 

As reclamacións pódense realizar os días 9, 10 e 11 de xuño.

A listaxe DEFINITIVA sairá publicada o 26 de xuño. 

 

Unha semana máis é unha semana menos


As nenas e nenos de 4º tamén agradecen o labor de tanta xente imprescindible nesta situación. Grazas polo voso traballo!

CONTO

CONTO…

Achegámonos a un novo finde, especial, porque é o finde das nosas letras galegas.

Ademáis das actividades que seguro xa mirastes, postas na nosa web, nesta ocasión compartimos de novo un conto de Sabela Gago que seguro será de agrado de todas e todos nós unha vez máis.

Aquí o tedes                               

 

E como non, tamén ten as súas actividades. Aquí as podedes ver:                                

Ánimo!

Boa finde!

Día das Letras Galegas 2020

LETRAS GALEGAS 2020

 

Queridos nenos, nenas e familias. Pasiño a pasiño, estamos conseguindo gracias ó voso esforzo, unha vez máis, recuperar un pouquiño a normalidade.

Nesta ocasión, compartiremos a conmemoración dun día tan importante para todos e todas nós, como é o Día das Letras Galegas, este ano homenaxeando a figura de Ricardo Carvalho Calero.

O Equipo de Normalización Lingüística quere compartir as seguintes actividades con todos e todas vós, con información referida a dito autor.

Ánimo! Estades a facelo moi ben!

Recollida de Material

Estimadas familias:

Con motivo da nova situación do estado de alarma e despois de recibir autorización polas entidades competentes para tal fin, a partires do luns 18 de Maio, poderáse  proceder a recollida do material escolar do alumnado no centro.

Con obxeto de garantir as medidas sanitarias de seguridade e hixiene esixidas neste momento, o acceso ó centro,e o reparto, faráse seguindo o calendario  e as normas establecidas polo centro e que serán expostas nesta páxina web "Ceip o Couto" ó longo de esta semana

Un saúdo

Comunicado do IES O Couto para os alumnos de 6º que pasen a 1º ESO no curso 2020-21

Comunicado do IES o Couto para alumnado de 6º de Primaria

Está a disposición do alumnado de 6ª de primaria e de 4º da ESO, a prematrícula online para o curso 2020-2021, para aquel alumnado interesado en continuar os seus estudos no noso centro e que xa fixo a reserva de praza.
A prematrícula únicamente serve para ter en conta as optativas escollidas polo alumnado na confección da oferta educativa  na matrícula e non é a matrícula.
Será imprescindible polo tanto formalizar a matrícula do 1 ao 10 de Xullo, ou en setembro, xa que a prematrícula non é o procedemento para matricularse.
O link ao formulario de prematrícula é: https://www.edu.xunta.gal/centros/iescouto/node/773
O prazo para cubrilo é dende o 8 de maio de 2020 ao 18 de maio de 2020. Para calquera consulta os pais poden comunicarse co centro mediante o correo electrónico: ies.couto@edu.xunta.es

NOVOS PRAZOS ADMISIÓN ALUMNADO

INSTRUCCIONS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

Somentes está permitida a presenza no centro,ata novas instruccións, para a formalización do proceso de admisión de alumnado

Únicamente con CITA PREVIA no teléfono 988783060 ou no correo ceip.couto@edu.xunta.es

Amplíase do 11 ó 18 de Maio o prazo para a admisión do alumnado.

Dende o centro,  daremos cumprimento as recomendacións sanitarias de atención ao público, publicadas no Portal educativo da Xunta de Galicia e que se poden consultar no seguinte enlace:

Recomendacion de atencion ao público en centros educativos

 

Orde que regula o proceso de admisión:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21113

 

A presentación de solicitudes a través da aplicación, de maneira telemática, pódese realizar no seguinte enlace:

http://edu.xunta.es/admisionalumnado

 

Documentación


Para formalizar a solicitude de admisión,presentaráse a seguinte documentación:

1-  Solicitude - Anexo II(A. 14) --> Modelo de solicitude de admisión

2-  Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando estes deneguen a súa consulta)  (A. 16.1)

3-  Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente. (A. 16.1).

4- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, onde conste a custodia do menor, se é o caso.

IPREM --> Criterios para cálculo de IPREM

LETRAS DESEMPATE --> Resolución para determinar as letras de desempate

 

Criterio complementario establecido polo centro: 1 punto por ter irmáns no CEIP O Couto. Acreditarase presentado orixinal e copia (de todas as páxinas escritas) do libro de familia.

 

PRAZOS DO PROCEDEMENTO

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31003

  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de      xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

!!!!IMPORTANTE!!!!

Para a entrega de documentación no centro de maneira presencial, seguirase o seguinte protocolo:

Horario: de 10:00h ás 13:00

1.- Solicitud de cita previa para acudir ao centro

 (Para formalizar o proceso de admision,así como recollida de impresos de solicitude é necesario pedir cita previa)

 No teléfono:  988783060

 ou na dirección de correo electrónico:  ceip.couto@edu.xunta.es

Cando acudas ao centro:

  • Seguir as indicacións sinaladas na entrada do centro.
  • O centro proporcionará dispensadores de gel para hixiene das mans tanto a entrada no centro como a saída.
  • Manter a distancia de seguridade establecida  (mínimo 2 metros)

Para calquera dúbida ou consulta:   teléfono: 988783060

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930