Calendario Escolar

O curso 2021-22 dará comezo o xoves 9 de setembro.

Tedes todas as datas e lexislación no seguinte enlace -> Calendario Escolar 

Listaxes definitivas para axuda Fondo de Libros Curso 2021-22

Xa se poden consultar as adxudicacións DEFINITIVAS para axudas do Fondo de Libros 2021-22

As listas están expostas nos taboleiros do Centro e pódense consultar tamén por teléfono (988- 783060) ata o 23 de xullo inclusive. (Horario de 10 horas a 13 horas)

Lembramos que o Colexio permanecerá pechado do 24 de xullo ao 31 de agosto. 

Listaxes provisionais de admitidos para axuda Fondo de Libros Curso 2021-22

Publicadas as listaxes PROVISIONAIS para axudas do Fondo de Libros para o curso 2021-2022

Pódense consultar nos taboleiros do noso Centro ou chamando ao 988 - 783060

 

Alumnado 6º - Recollida Historial

O alumnado de Sexto de Primaria pode recoller nas oficinas o Historial Académico de Educación Primaria. 
Horario de oficina: De 10 horas a 13 horas. Abrimos do 1 ao 23 de xullo (inclusive) 

Horario Oficina en Verán 2021

O Noso Camiño

Chegou o fin do curso escolar e con el, o fin dun camiño que percorremos xuntos...

Foron meses de traballo, esforzo e dedicación, meses especiais e diferentes. Despois de tanto tempo conseguimos chegar á nosa meta, todo esforzo ten a súa recompensa.

Velaquí un vídeo que amosa un pouquiño da nosa andaina. Desexamos que sempre camiñedes sen importar as pedras que poda ter o camiño. 

Bo camiño!! 

Graduación 6º Primaria - Curtametraxe "10 euros"

Matrícula - Do 20 ao 30 de xuño de 2021

O prazo de matrícula (para alumnado xa admitido) é do 20 ao 30 de xuño de 2021 (ambos inclusive).

Podes descargar os impresos de matrícula aquí. 

Fondo Solidario de Libros e Axudas para Material Escolar 2021-22

Ábrese o prazo desde o 21 de maio ao 22 de xuño para solicitar a participación no Fondo Solidario de Libros e nas Axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 

Aquí tedes un resumo da información máis importante. 

Consulta completa no DOG de 20 de maio de 2021

Pódese participar desde www.edu.xunta.gal/fondolibros

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930