try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Día da Paz

Día da Paz

O 30 de xaneiro e coincidindo co asesinato de Ghandi celebramos o “Día internacional da Paz e a non violencia”. A celebración conxunta que facemos este día é  un acto simbólico xa que a paz ten que construirse a cotío. É tarefa  de todos e todas todos os días do ano.

nenos coa pomba da pazSabemos que escola é o primeiro lugar da convivencia cidadá e queremos que os nosos centros sexan espazos onde se forneza a comunicación e o encontro entre as persoas,  segundo principios e regras baseadas no diálogo e na resolución directa e pacífica dos conflitos, cando se produzan Na busca desta convivencia fluida, os mestres/as sentimos que non sempre sabemos contribuir  a crear  espazos de relacións  interpersoais sans que esixen da calidez do afecto e a comprensión,  ingredientes básicos para a evolución das persoas. 

Conscientes de que a escola é un lugar idóneo para a transmisión de valores, trataremos de aproveitar esta celebración como un pretexto máis para que o alumnado coñeza e desenvolva unha serie de habilidades que lles axuden a medrar e formarse como persoas tolerantes e responsables.


Sementes de paz
 
                   
   "Pingas de paz

 

"APERTAS POLA PAZ"
    
"Un mundo de cores
 

"As palabras contan

AS CORES DA PAZ

 

EN SON DE PAZ

 

 

Preme na imaxe para acceder a galería de imaxes e recursos:

 


 

Distribuir contido