O 30 de xaneiro e coincidindo co asesinato de Ghandi celebramos o “Día internacional da Paz e a non violencia”. A celebración conxunta que facemos este día é un acto simbólico xa que a paz ten que construirse a cotío. É tarefa de todos e todas todos os días do ano.
Sabemos que escola é o primeiro lugar da convivencia cidadá e queremos que os nosos centros sexan espazos onde se forneza a comunicación e o encontro entre as persoas, segundo principios e regras baseadas no diálogo e na resolución directa e pacífica dos conflitos, cando se produzan Na busca desta convivencia fluida, os mestres/as sentimos que non sempre sabemos contribuir a crear espazos de relacións interpersoais sans que esixen da calidez do afecto e a comprensión, ingredientes básicos para a evolución das persoas.
Conscientes de que a escola é un lugar idóneo para a transmisión de valores, trataremos de aproveitar esta celebración como un pretexto máis para que o alumnado coñeza e desenvolva unha serie de habilidades que lles axuden a medrar e formarse como persoas tolerantes e responsables.
Sementes de paz |
|
"Pingas de paz |
"APERTAS POLA PAZ" | |
"Un mundo de cores |
|
"As palabras contan |
|
AS CORES DA PAZ
|
|
EN SON DE PAZ |
Preme na imaxe para acceder a galería de imaxes e recursos: