try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

FORMULARIO DE AUTODECLARACIÓN DO COMEDOR

O formulario de autodeclaración da renda deberá presentarse antes do 10 de setembro na secretaría do centro. 

 

FORMULARIO 2024/2025

Instrucións sobre a unidade familiar e renda

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/2025

Preme para acceder ás listaxes de libros de texto para o curso 2024/2025

 

 

Recordade que o alumnado de 3º e 4º de primaria que presentou a solicitude para o fondo de libros deberá esperar á publicación das listaxes definitivas o 11 de xullo para saber cales lle foron concedidos.

O alumnado de 1º e 2º de primaria beneficiario da axuda de libros de texto deberá recoller o cheque na escola do 9 ao 11 de xullo para aboar os libros na librería.

AXUDAS DE MATERIAL E FONDO DE LIBROS

 

1º e 2º de primaria:

Os vales (cheques) das axudas para os libros de texto e material do alumnado

pódense recoller no centro do 9 ao 11 de xullo, ambos inclusive, en horario de

10:00 a 13.00 horas.

 

3º e 4º de primaria:

Os libros do Fondo Solidario e os vales de material repartiranse o 5 de setembro en

horario de 9:30 a 12:30 horas.

Poderedes consultar nas listaxes provisionais (5 de xullo) e nas definitivas (11 de xullo) os

libros do fondo que lle corresponden a cada alumno/a, segundo a súa renda, e que se

publicarán no taboleiro de anuncios no interior da escola.

 

5º e 6º de primaria:

Os vales de material de 5º e 6º repartiranse o 5 de setembro en horario de 9:30 a

12.30 horas.

MATRÍCULA 2024/2025

TODO O ALUMNADO QUE OBTIVO PRAZA PARA O PRÓXIMO CURSO NO PROCESO DE ADMISIÓN, DEBERÁ FORMALIZAR A MATRÍCULA ENTRE O 20 E O 30 DE XUÑO.

 

DOCUMENTACIÓN para a formalización da matrícula:

Ed. infantil: 

  • 6 fotos de carné (actuais)
  • Fotocopia da cartilla de vacinas
  • Fotocopia do DNI da nai e do pai
  • Fotocipia do libro de familia ou de calquera outro documento que acredite a tutela do menor.
  • Fotocopia da tarxeta da seguridade social
  • Formulario de matrícula que se xunta

Ed. primaria: 

  • 4 fotos de carné (actuais)
  • Fotocopia da cartilla de vacinas
  • Fotocopia do DNI da nai e do pai
  • Fotocipia do libro de familia ou de calquera outro documento que acredite a tutela do menor.
  • Fotocopia da tarxeta da seguridade social
  • Formulario de matrícula que se xunta

DESCARGAR FORMULARIO

Letras galegas 2024

Camiñamos pola lingua

Un ano máis a escola de Chans camiña pola lingua galega! 

 

ADIADO para o xoves 30 de maio!!!!

I Concurso de tira cómica

O Trasno Contacontos convidounos a participar no I Concurso de tiras cómicas. As persoas gañadoras verán o seu traballlo publicado no Faro da Escola. Preme na fotografía se queres ver as tiras cómicas gañadora. Parabéns a todas!

Punto laranxa contra o acoso escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Aberto o proazo para a presentación de solicitudes de admisión

Do 1 ao 20 de marzo

 

Poderán presentarse PRESENCIALMENTE entregando na secretaría do centro o formulario que podes descargar a continuación:

 FORMULARIO DE SOLICITUDE

 

Tamén se poden presentar ONLINE a través da aplicación utilizando un certificado dixital ou a Chave 365. 

 ADMISIONALUMNADO

Distribuir contido