Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

COMEZAMOS!!!!

Ultimando preparativos para recibirvos.BO CURSO!!!

REUNIÓN CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL 2017/2018

O vindeiro venres 8 de setembro ás 10:00h da mañá terá lugar, na biblioteca do centro, unha reunión informativa xeral para todos os pais e nais que teñan alumnos ou alumnas escolarizadas nesta etapa.

Posteriormente cada curso subirá á súa aula correpondente para recibir información específica da súa titora.

BOMBEIROS

Por fin temos as fotos da visita ao Parque de Bombeiros de Ferrol!!!!Eran tantas...do camión,dos cascos,da escaleira,da barra pola que baixan nas urxencias,das súas habitacións,...e sobre todo da ESCUMA!!!. Grazas por atendernos e ensinarnos tantas cousas.É grazas sobre todo ao papá da nosa Sara!!!


GRADUACIÓN 6º E.I

As nenas e nenos de 6º de E.I fixeron unha gran festa para celebrar a graduación. Noraboa!!!


FESTIÑA

E despois de tanto TRABALLO...unha festiña con globos e gusanitos!!!

BUF!!! CANTO TRABALLO!!!

Hoxe desmontamos o noso horto.Recollimos as vallas,o cartel e o espantallo.O próximo curso montarémolo outra vez!!!

Á AUGA PATOS!!!!

Despois ,directamente a xogar á fonte.Foron empapad@s para casa...e algunha vestida de princesa dós disfraces das aulas...Divertidisimo!!!!



Ahhhhh e as e os maiores sumáronse á "festa"

NEVEIRIÑA

Hoxe ía tanta calor que nos convertimos en tomates,peixes,froitas,zumos... e nos estiramos na "neveira" do vestíbulo.Puxémonos de barriga,de espalda,de nariz....Que fresquiño!!!


PINTANDO

Pintando na entrada do cole....que sairá de aí???

COLLEITA

Por fin recollimos as nosas leitugas!!! Van a estar riquísimas!!!


Distribuir contido